Unidade Mixta de gas renovable

Política Anticorrupción

Logos_Unidad Mixta de Gas Renovable-2 (1)

A Unidade Mixta de Gas Renovable está cofinanciada pola Axencia Galega de Innovación-Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.

Logos_Unidad Mixta de Gas Renovable_2-2 (1)

A Unidade Mixta de Gas Renovable é un proxecto conxunto de Naturgy, o Centro Tecnolóxico Energylab e EDAR Bens S.A., empresa pública supramunicipal que presta o servizo de depuración de augas residuais nos concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros.

Esta Unidade Mixta está cofinanciada pola Axencia Galega de Innovación – Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación. Unha maneira de facer Europa.

O obxectivo do proxecto é incrementar o coñecemento non só do biogás e o biometano, senón tamén doutros gases renovables como o hidróxeno verde e o gas de síntese, así como avaliar o seu impacto nas infraestruturas actuais e consumidores finais.

Dentro desta Unidade Mixta desenvolveranse cinco novas liñas de investigación:

1. Mellora na produción de biogás a través da codixestión e a recuperación de nutrientes.

2. Xeración de hidróxeno verde grazas ao aproveitamento enerxético do caudal de auga depurada, que será turbinada, xerarase hidróxeno a través da electrólise da auga.

3. Produción de biohidróxeno a través da fermentación escura, proceso biolóxico (etapas iniciais da dixestión anaerobia) mediante o que se xera hidróxeno a partir da degradación da materia orgánica.

4. Gasificación de lamas de depuradora para a obtención de bio-syngas (biogás de síntese).

5. Estudo do impacto do uso dos diferentes gases renovables e as súas mesturas, dende o punto de vista da inxección á rede de gas e o seu uso en aplicacións estacionarias e móbiles (vehículos).

 

A 1.ª fase desta Unidade Mixta (2016-2019) centrouse en aumentar o coñecemento nos procesos de produción de gas natural renovable ou biometano no sector das EDAR, principalmente mediante a implantación dun sistema de purificación baseada en membranas, e mediante o deseño, posta en marcha e operación da primeira planta piloto de metanación biolóxica en España. O biometano xerado neste proxecto estase a utilizar na actualidade como combustible alternativo na frota de furgonetas de EDAR de Bens de forma experimental, no transporte público da área metropolitana da Coruña e, adicionalmente, en 2022, comezouse coa inxección á rede do biometano.

O obxectivo da 2.ª fase do proxecto (2020-2023) é consolidar os desenvolvementos realizados na anterior, ampliando o alcance técnico coa xeración de hidróxeno verde e syngas, así como avaliar o seu impacto nas infraestruturas actuais e consumidores finais. Os procesos que se están a estudar en detalle son a fermentación escura, a gasificación e a xeración de hidróxeno renovable grazas ao turbinado da auga depurada. Outra liña, coa que se obtiveron resultados moi positivos, é a recuperación de nitróxeno en forma de sales amoniacais mediante membranas hidrofóbicas, que poden ser valorizadas a posteriori como fertilizante. Así mesmo, estase a determinar tanto a permeabilidade como a fraxilidade dos materiais da rede de gas a distintas concentracións de hidróxeno co obxectivo de avaliar a seguridade e a viabilidade técnico-económica do seu uso.

  1.  

A convocatoria

  1. A Axencia Galega da Innovación (GAIN) publicou o 20 de febreiro de 2020 a convocatoria de consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dentro do eixe 1 «Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación».

    Con esta liña de actuación preténdese consolidar, fortalecer e manter a actividade investigadora e innovadora das unidades mixtas de investigación creadas ao abeiro das convocatorias de axudas de GAIN dos anos 2016 e 2017, dando así continuidade e evolución ás expectativas, obxectivos e resultados das súas liñas de investigación e traballo co desenvolvemento de novas actividades e proxectos no marco destas, con vistas a conseguir os seguintes obxectivos: