Accesibilidade

 
O web corporativo de Naturgy ten como prioridade o achegamento ao usuario dende todas as perspectivas, polo que se realizou un deseño que permite percibir, entender, navegar e interactuar co web.

 

 O proceso de conceptualización e deseño tivo en conta a metodoloxía denominada Deseño Centrado no Usuario, e foi validado con usuarios finais a través de probas de testaxe real.
 
 Procurouse o acceso de todas as persoas, independentemente das súas condicións, xa sexa de contorna (ruído, navegadores antigos, conexións lentas,…) como físicas (deficiencias visuais, auditivas, motoras, de linguaxe ou relacionadas co envellecemento).
 
 Tecnoloxicamente, desenvolveuse garantindo o cumprimento das normas UNE e do W3C (World Wide Web Consortium), no seu nivel intermedio (AA).
 
 A capa de presentación baseouse nas recomendacións do W3C sobre as Follas de Estilo en Fervenza, Nivel 2 (CSS2) e empregouse o estándar recomendado en emprego de código HTML verificando as recomendacións usamos XHTML 1.0 Strict.

Con todo isto, conseguíronse algunhas vantaxes como:

 
 Código HTML e Follas de estilo axustadas para garantir a correcta visualización e que fan que o noso web se adapte aos distintos dispositivos logrando un acceso á información case universal.
 
 Ademais, os tamaños de fontes foron definidos con unidades relativas para que se poida ampliar ou diminuír dende o navegador.
 
Navegación con ou sen follas de estilo activadas. Así mesmo, navegación con ou sen JS activado. Con todo este labor conseguiuse que o noso sistema estea preparado para ofrecerlles o noso contido aos usuarios de forma universal.

Respecto ás funcionalidades ofrecidas, temos que diferenciar tres casuísticas:

 
 As funcionalidades sen integración con outros sistemas, que foron desenvolvidas neste proxecto seguindo as pautas indicadas nas normas de accesibilidade.
 
 As funcionalidades integradas con outros sistemas: a complexidade técnica de integración con estes servizos imposibilitou o seu desenvolvemento. Neste sentido Naturgy comprométese a seguir traballando para conseguir que todas as súas aplicacións sexan totalmente accesibles.
 
As funcionalidades de terceiros: o noso compromiso coa accesibilidade faise extensible a todas as empresas colaboradoras coas que traballamos. Polo tanto, solicitóuselles a todas elas o seu compromiso e xestión para garantir a accesibilidade das súas aplicacións.


Ligazóns relacionadas

Consorcio World Wide Web (W3C)




 

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para personalizar a túa navegación e analizar a túa actividade no web, con obxectivos estatísticos e para mostrar publicidade. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.