Inicio / Conecenos Naturgy / Presenza internacional / España
España

Estamos presentes nos negocios da electricidade e o gas, dende a súa obtención ata a distribución e a comercialización.
O noso modelo de negocio diferénciase por:
- ser líder no sector do gas
- ser un referente no sector eléctrico
en ambos os dous casos é garantía de subministración regular de gas e electricidade, esencial para prestar un servizo de calidade e para o cumprimento da función social da compañía, ao tempo que proporcionamos unha ampla oferta de servizos de valor engadido e impulsamos a innovación sostible como motor de desenvolvemento.
- Terceiro operador no mercado español
- 3,9 millóns de clientes
- 17,9 GW de capacidade de xeración
- Líderes en España cunha cota de mercado do 70%
- 5,3 millóns de clientes
- Distribución en 1.221 municipios en 10 comunidades autónomas
Electricidade
Desenvolvemos e xestionamos activos de xeración de electricidade cun enfoque global e operamos en varias tecnoloxías

- En xeración renovable contamos con capacidade de 5,3 GW (2,1 GW hidráulica, 2,4 GW eólica e 0,7 GW solar).
- En xeración convencional contamos cunha capacidade de 8 GW (7,4 GW centrais de ciclo combinado e 0,6 GW nuclear).
- Fomos a primeira enerxética que, a finais de 2018, presentou a solicitude de peche de todas as súas centrais de carbón en España.
- Líder en comercialización de electricidade nos segmentos de gran consumo e residencial cunha cota do mercado total en España do 14,2 %, o que nos converte nun dos principais axentes do mercado español.
Realizamos actividades de distribución eléctrica a diferentes tipos de usuarios

Terceiro operador no mercado español onde distribuímos electricidade a 3,9 millóns de clientes
Contamos con 116.000 quilómetros de redes eléctricas en España
Temos unha posición de liderado nos mercados nos que operamos e somos eficientes en termos de custos de operación e mantemento do negocio de distribución eléctrica
Somos líderes nos segmentos de gran consumo e residencial de comercialización de enerxía en España

Somos un dos axentes principais do mercado español, líderes nos segmentos de gran consumo e residencial cunha cota de mercado total en España do 14,2 %.
Temos unha oferta combinada de enerxía dual e ampla gama de servizos de valor engadido
A posición de liderado na comercialización combinada de gas natural e electricidade presenta importantes vantaxes, como o menor custo de servizo, un servizo integrado ao cliente e menores custos de adquisición, sen esquecer a consecución dunha maior vinculación cos clientes
Gas
Distribuímos no mercado doméstico comercial e no industrial de grandes clientes

- Distribuímos gas natural a 1.200 municipios en 10 comunidades autónomas.
- Somos líderes no mercado español cunha cota de mercado do 70%.
- Contamos con 5,4 millóns de clientes.
Máis de 5,3 millóns de clientes elixíronnos como a súa comercializadora

- Traballamos nos segmentos retallista e grosista.
- En España, somos a compañía líder no mercado de comercialización de enerxía.
- Temos unha cota de mercado de contratos de gas do 42,8 % en España.
- Somos líderes na oferta combinada de enerxía dual e ofrecemos unha ampla gama de servizos de valor engadido.