Xunta Xeral de Accionistas 2017

PREGUNTA ACCIONISTA:
Habilitar voto a través da web.

RESPOSTA:
GAS NATURAL SDG, S.A. non ten habilitado o voto telemático para esta Xunta Xeral de Accionistas a celebrar en primeira convocatoria o día 20 de abril de 2017.

A votación está prevista de forma presencial ou ben mediante o sistema de representación a favor doutros accionistas, dos membros do Consello de Administración ou de calquera persoa que considere conveniente. A tal obxecto, poderá obter a tarxeta de representación solicitándolla á entidade participante de IBERCLEAR na que teña depositadas as súas accións, ou á Sociedade ou ben poderá descargala da páxina www.gasnaturalfenosa.com (Xunta Xeral de Accionistas 2017). O accionista deberá remitirlle á Sociedade a través de correspondencia postal (Unidade de Relacións con Investidores, Plaça del Gas nº 1, 08003 Barcelona) ou por vía electrónica en formato pdf. arelinversor@gasnaturalfenosa.com a tarxeta de representación debidamente completada.