Compromiso cos resultados

Apostamos por un modelo de negocio solido e a sostible cunha estrita política financeira para crear valor a longo prazo

Nunha contorna desafiante, actuamos co obxectivo de manter un perfil financeiro e de negocio sólido e sostible. O noso modelo de negocio está comprometido coa sostibilidade: busca un equilibrio entre as actividades reguladas e as non-reguladas e segue unha estrita política financeira. Os nosos accionistas e investidores constitúen un dos nosos principais grupos de interese. Por iso, xestionar adecuadamente os riscos e desenvolver un modelo de negocio sólido que garanta a sostibilidade e a creación de valor a longo prazo constitúen os aspectos clave do negocio.

Principios de actuación responsable cos accionistas e investidores

Traballar para obter unha rendibilidade sostida adecuada aos recursos investidos.

Promover unha asignación e xestión eficiente dos recursos dentro do marco da mellora continua dos procesos.

Garantir que a toma de decisións considera os niveis e limiares de risco aprobados.

Continuar incorporando aspectos de sustentabilidade na relación con investidores.