Servizos enerxéticos

Temos un amplo catálogo de servizos enerxéticos

A nosa oferta comercial non se limita á subministración de gas e electricidade, senón que tamén abranguemos outros ámbitos

Aínda que o noso negocio se centra na distribución e comercialización do gas e na xeración, distribución e comercialización de electricidade tamén desenvolvemos outras liñas de negocio, como os servizos enerxéticos, que favorecen a diversificación das actividades e os ingresos, anticipándose ás novas tendencias do mercado, atendendo as necesidades específicas dos clientes e ofrecéndolles un servizo integral non centrado unicamente na venda de enerxía.

A nosa oferta comercial está dirixida a fogares, negocios e grandes clientes.

Facémonos cargo da planificación e a execución das principais instalacións enerxéticas e do seu mantemento óptimo durante todo o contrato:

• Renovación das instalacións e, se é necesario, transformación a gas natural.

• O financiamento de todo o proxecto.

• O plan de mantemento máis axeitado para obter a máxima eficiencia do seu negocio.

• Garantía total da instalación.

• Atención 24 horas os 365 días do ano.

• Plataforma dixital para a xestión dos seus consumos.

A nosa proposta de valor contextualízase en distintos servizos

Produtos e servizos innovadores para o fogar
Produtos e servizos innovadores para empresas
Solucións enerxéticas innovadoras para empresas