A Escola de Enerxía da Fundación Naturgy cumpre un ano e medio con máis de 11.000 persoas formadas, entre familias en situación de vulnerabilidade enerxética e técnicos de entidades do Terceiro Sector e da Administración en toda España. A entidade ofreceu máis de 1.000 sesións de asesoramento enerxético en 10 comunidades autónomas.
Martí Solà, director xeral da Fundación Naturgy, destaca que “dende a súa posta en marcha en xuño de 2017, a Escola de Enerxía é unha das principais iniciativas lanzadas dentro do Plan de Vulnerabilidade da compañía, o que demostra que cubrimos unha necesidade que había no ámbito das familias vulnerables”.
“Esta iniciativa é posible grazas á colaboración duns experimentados compañeiros de viaxe, como son as Administracións públicas e os profesionais e voluntarios de diversas ONG, como Cruz Vermella e Cáritas, ademais doutras moitas entidades sociais que fan un gran labor en municipios de toda España”, segundo Solà.
As máis de 11.000 persoas formadas mostraron un alto grao de satisfacción, cifrado nun 9,2 sobre 10. As sesións da Escola de Enerxía son prácticas e participativas, e nelas explícanse os principais conceptos da factura enerxética e as axudas ás que poden optar os clientes máis vulnerables, como o bono social, así como consellos para mellorar os hábitos e facer un consumo máis eficiente da enerxía.
O obxectivo é mellorar a calidade de vida das familias vulnerables, minimizando o impacto na súa factura enerxética, axudándoas a reducir o seu consumo e incrementando as condicións de eficiencia enerxética nas súas vivendas.
De todas as persoas que asistiron ás sesións formativas da Escola de Enerxía, 400 pertencen a concellos e entidades do Terceiro Sector, e o resto son familias vulnerables.
Ata agora, a Escola de Enerxía desprazouse a 325 municipios de Andalucía, Cantabria, Cataluña, Castela e León, Castela-A Mancha, Comunitat Valenciana, Galicia, Madrid, Navarra e A Rioxa.
Número de sesións | Persoas formadas | Municipios | ||
Catalunya | 289 | 2.894 | 78 | |
Madrid | 151 | 2.350 | 33 | |
Galicia | 197 | 1.923 | 84 | |
Valencia | 138 | 1.424 | 46 | |
Castela e León | 165 | 2.013 | 26 | |
Andalucía | 33 | 259 | 10 | |
Cantabria | 1 | 10 | 1 | |
Castela-A Mancha | 38 | 414 | 1 | |
A Rioxa | 3 | 41 | 1 | |
Navarra | 7 | 70 | 2 | |
TOTAL | 1.022 | 11.398 | 325 |
A Fundación Naturgy ofrece este tipo de formación, de forma gratuíta, a todas as Administracións e entidades que teñen unha necesidade deste tipo na súa tarefa diaria coas familias vulnerables. A solicitude destas sesións pódese realizar a través da páxina web da fundación(fundacionnaturgy.org) ou no correo escuelaenergia@naturgy.com.
Plan de vulnerabilidade enerxética
O Plan de Vulnerabilidade Enerxética de Naturgy é o primeiro desenvolvido por unha empresa enerxética española e data de 2017. O programa inclúe máis de 20 medidas, tanto operativas coma sociais, que teñen como obxectivo reforzar e sistematizar a xestión dos clientes vulnerables e fortalecer a colaboración coas entidades do terceiro sector e a comunicación cos Servizos Sociais.
Fundación Naturgy
A Fundación Naturgy, fundada no ano 1992 pola compañía enerxética, ten como misión a difusión, formación, información e sensibilización da sociedade en temas de enerxía e medio ambiente. Tamén desenvolve programas de acción social tanto no ámbito nacional como internacional, incidindo especialmente en actuacións destinadas a paliar a vulnerabilidade enerxética. No ámbito cultural, promove accións orientadas tanto á preservación e difusión do patrimonio histórico do sector do gas e a electricidade.