A Fundación Naturgy colaborará con CEAR na rehabilitación enerxética de vivendas de familias vulnerables

  • A iniciativa, enmarcada no Plan de Vulnerabilidade Enerxética de Naturgy, segue as directrices da Estratexia Nacional contra a Pobreza Enerxética 2019-2024.
Carlos Berzosa, presidente de CEAR, e María Eugenia Coronado, directora xeral da Fundación Naturgy.
Carlos Berzosa, presidente de CEAR, e María Eugenia Coronado, directora xeral da Fundación Naturgy.

A Fundación Naturgy e a Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR) colaborarán para mellorar a eficiencia enerxética de fogares de familias vulnerables, grazas aos recursos do Fondo Solidario de Rehabilitación Enerxética da fundación da empresa enerxética.

directora xeral da Fundación Naturgy, María Eugenia Coronado, destacou o seu obxectivo de manter abertas as canles de colaboración co Terceiro Sector. “A sinatura de acordos para avanzar na mellora da calidade de vida dos colectivos vulnerables é unha das prioridades que mantén a Fundación Naturgy para loitar contra a pobreza enerxética”, afirmou Coronado.

O convenio súmase aos xa asinados con outras entidades (Foment de l’Habitatge Social, Hábitat 3, Fundación para la Caridad de la Construcción, de Cáritas, Fundación Mambré, Fundación Tengo Hogar e Accem), que xa teñen acceso ao Fondo Solidario de Rehabilitación Enerxética para realizar intervencións en materia de rehabilitación, equipamento e eficiencia nos pisos que xestionan.

Este novo acordo permitirá seguir acometendo actuacións segundo as directrices do estudo “Re-habilitación exprés para fogares vulnerables” da Fundación Naturgy, que promove medidas de baixo custo pero de grande impacto, tanto na calidade de vida das persoas coma na factura enerxética das familias. As vivendas xestionadas por CEAR deberán estar ocupadas por familias vulnerables ou en risco de selo. Entre as medidas de rehabilitación que se establecen, están a reparación e compra de sistemas de calefacción, a instalación de cerramentos en ventás e acristalamentos, o arranxo e posta en marcha de instalacións de electricidade e gas, ou a mellora do illamento de paredes.

Así mesmo, ambas as dúas entidades colaborarán tamén noutras actividades encadradas no Plan de Vulnerabilidade Enerxética de Naturgy, como a formación sobre eficiencia enerxética a familias a través da Escola de Enerxía e outros talleres nos centros educativos de CEAR, como as súas ludotecas.

O convenio coa CER está en liña coa Estratexia Nacional contra a Pobreza Enerxética 2019-2024, que establece a rehabilitación enerxética de vivendas como unha das liñas de actuación a curto, medio e longo prazo, para abordar esta problemática de forma estrutural. Así mesmo, englóbase dentro do Plan de Vulnerabilidade Enerxética de Naturgy, que se marca como obxectivos a mellora da calidade de vida dos colectivos afectados pola pobreza enerxética e o seu asesoramento en temas relacionados co consumo de enerxía ou o pagamento de servizos enerxéticos.

Fundación Naturgy, creada no ano 1992 pola compañía enerxética, ten como misión a difusión, formación, información e sensibilización da sociedade en temas de enerxía e medio ambiente. Tamén desenvolve programas de acción social tanto no ámbito nacional como internacional, incidindo especialmente en actuacións destinadas a paliar a vulnerabilidade enerxética.

CEAR é unha organización non gobernamental fundada en 1979, de acción voluntaria, humanitaria, independente e plural. O seu principal obxectivo é defender e promover os Dereitos Humanos e o desenvolvemento integral das persoas refuxiadas, apátridas e migrantes con necesidade de protección internacional e/ou risco de exclusión social.

Compartir