GAS NATURAL FENOSA, a través da súa filial Global Power Generation (GPG), acordou adquirir dúas plantas solares fotovoltaicas en Brasil a Canadian Solar Inc.
A multinacional enerxética investirá aproximadamente 95 millóns de euros para desenvolver o que será o seu segundo proxecto de xeración eléctrica no país, tras implantar con éxito os proxectos de Sobral e Sertao, postos en operación en 2017. A produción estimada do proxecto será de 165 GWh anuais. Os proxectos fotovoltaicos, denominados Guimarania I e Guimarania II, de 83 MWp, están situados no estado de Minas Gerais e está previsto que empecen a operar no cuarto trimestre de 2018.
Os parques que vai construír GPG levan asociados un acordo de venda da enerxía xerada durante 20 anos, co sistema público brasileiro, a un prezo medio aproximado de 97,5 €/MWh.
Con esta nova adquisición, GPG fortalece a súa aposta pola xeración renovable en América latina ao duplicar a súa xeración no mercado brasileiro tras a súa incursión en 2017.
Global Power Generation (GPG)
Global Power Generation (GPG) é a sociedade de GAS NATURAL FENOSA dedicada a xeración internacional, que conta cun 25% de participación de Kuwait Investment Authority (KIA), o fondo soberano máis antigo do mundo, constituído en 1953. Xestiona unha capacidade instalada de xeración de ao redor de 3.000 MW e ten un equipo formado por 800 profesionais aproximadamente.