Gas Natural Fenosa e ATA asinan un acordo para impulsar a eficiencia enerxética entre os autónomos

  • Con este acordo, os socios de ATA poden beneficiarse dunha oferta personalizada de enerxía, servizos e solucións enerxéticas ofrecidas por GAS NATURAL FENOSA.
  • Os socios de ATA poden beneficiarse desta oferta no teléfono gratuíto 900 10 18 16.
Rafael Benjumeda, director de Zona Centro-Norte de Vendas e Operacións de Gas Natural Servicios, e Daniel Muñoz, presidente de ATA Servicios.
Rafael Benjumeda, director de Zona Centro-Norte de Ventas y Operaciones de Gas Natural Servicios, y Daniel Muñoz, presidente de ATA Servicios.

Gas Natural Servicios, a comercializadora de GAS NATURAL FENOSA, e a Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos asinaron un acordo para poñer á disposición dos afiliados desta federación unha ampla oferta de enerxía, servizos e solucións enerxéticas destinada a mellorar a eficiencia enerxética dos traballadores autónomos.

Mediante este acordo, Gas Natural Servicios asesorará os autónomos en materia de subministración enerxética, confort, eficiencia enerxética, mobilidade e iluminación, poñendo á disposición dos socios ofertas específicas con descontos en gas, electricidade e servizos, tanto para os negocios dos traballadores autónomos coma para os seus fogares. Ademais, orientará en solucións enerxéticas para mellorar a eficiencia coa tecnoloxía máis avanzada, facilitando a adquisición de vehículos propulsados a gas mediante bonos e descontos en combustible.

O acordo foi asinado por Rafael Benjumeda, director de Zona Centro-Norte de Vendas e Operacións de Gas Natural Servicios, e Daniel Muñoz, presidente de ATA Servicios, nun acto que contou tamén coa participación de Ana Serrano, directora de Mercado pemes de Gas Natural Servicios, e Soraya Mayo, secretaria xeral de ATA.

Tras a sinatura do convenio, Rafael Benjumeda sinalou que “este acordo é unha mostra do firme compromiso de Gas Natural Fenosa por ofrecer o mellor produto coas mellores condicións ao colectivo dos traballadores autónomos, apoiados sempre na última tecnoloxía e os mellores servizos para contribuír á optimización do consumo enerxético dos seus negocios”.

Pola súa banda, Daniel Muñoz afirmou que “un dos nosos retos é impulsar a economía e empregos sustentables e respectuosos co medio ambiente. Co que iso implica para aproveitar un nicho de mercado por explotar, recortar en gastos de consumibles fixos e estimular o potencial das empresas para converterse en actores do cambio. Como Federación sabemos que os gastos fixos dos autónomos en gas, luz ou combustible son o primeiro escollo que deben superar mes a mes, polo que convenios coma este nos dan a oportunidade de reducir preocupacións e ampliar a competitividade dos autónomos”.

Primeira empresa enerxética integrada de España

GAS NATURAL FENOSA, unha das compañías multinacionais líderes no sector do gas e a electricidade, está presente en máis de 30 países e conta con preto de 20 millóns de clientes.

A través de Gas Natural Servizos, a empresa ofrécelles aos seus clientes solucións personalizadas co obxectivo de cubrir as súas necesidades enerxéticas, mellorando a súa competitividade a través da innovación, o compromiso coa eficiencia enerxética e a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro.

Sobre ATA

A Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos-ATA é actualmente a maior organización deste colectivo en España, cunha representatividade acreditada polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social do 64% do total de autónomos. ATA ten presenza en todas as comunidades autónomas. O seu obxectivo é a defensa dos intereses dos traballadores por conta propia e conta cunha ampla gama de servizos para os seus socios. Integra máis de 300 organizacións sectoriais, que en conxunto representan máis de 440.000 autónomos.

Compartir