Gas Natural Fenosa e CEPYME Aragón asinan un acordo de colaboración

  • Tras a sinatura deste convenio, a compañia enerxética pon á disposición dos asociados as mellores condicións económicas na contratación dos seus produtos e servizos. 

O delegado para Aragón e Cataluña Sur de GAS NATURAL FENOSA, Daniel Isart Romero, e o presidente da Confederación de Pequenas e Medianas Empresas (CEPYME) de Aragón, Aurelio López de Hita, asinaron hoxe un acordo de colaboración para a promoción de condicións vantaxosas na contratación dos produtos e servizos da compañía entre os membros da organización empresarial.

GAS NATURAL FENOSA asesorará todas as empresas asociadas a CEPYME en materia de subministración enerxética, confort, eficiencia enerxética, mobilidade e iluminación.

A compañía ofrecerá os seus produtos e servizos nas mellores condicións existentes en cada momento a través dunha proposta personalizada e diferenciada, ofrecéndolles a mellor oferta comercial que se adapte ás súas necesidades e lles permita aforrar nas súas facturas.

Deste xeito, GAS NATURAL FENOSA ofrecerá diversas solucións enerxéticas, entre as que salientan o servizo para a renovación e/ou transformación de gasóleo/GLP a gas natural de salas de caldeiras centralizadas para calefacción e ACS (auga quente sanitaria); o abastecemento por planta de gas natural licuado (GNL) dirixido a clientes dos sectores terciario e industrial que non teñen acceso á rede de gas canalizado; solucións de Iluminación mediante tecnoloxía LED ou climatización renovable a través de xeotermia, ademais de xestión enerxética para equipos de climatización mediante bomba de calor eléctrica.

Compromiso coa eficiencia enerxética

GAS NATURAL FENOSA ofrece aos seus clientes solucións personalizadas co obxectivo de cubrir as súas necesidades enerxéticas, mellorando a súa competitividade a través da innovación, o compromiso coa eficiencia enerxética e a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro.

Imaxe
Compartir