GAS NATURAL FENOSA definiu unha estrutura organizativa na que se reforzan as áreas de negocio e se simplifican tanto estas coma as corporativas. A nova xestión da compañía dota as unidades de negocio de plena responsabilidade no seu ámbito de actuación, ao mesmo tempo que se adecúa a organización ás necesidades da compañía, unha vez que se aprobe o novo Plan Estratéxico 2018-2022 a finais do mes de xuño.
“Esta nova estrutura simplifica e axiliza a xestión de GAS NATURAL FENOSA, co obxectivo de dotar aos negocios de autonomía no seu ámbito de actuación e contar cunha organización adaptada aos retos aos que nos enfrontamos como multinacional enerxética nun mundo cada vez máis competitivo e dixitalizado”, sinalou Francisco Reynés, presidente executivo de GAS NATURAL FENOSA.
Cómpre salientar que se reduciron as unidades de negocio de seis a catro. Cada unha delas dispoñerá dos recursos necesarios para xestionar autonomamente e con plena responsabilidade o seu ámbito de negocio.
As novas unidades de negocio, que se responsabilizan de maximizar o free-cash-flow do negocio e potenciar o desenvolvemento orgánico, son:
- Negocio Gas & Electricidade, dirixida por Manuel Fernández. Inclúe os negocios de xeración e renovables, aprovisionamento de gas, comercialización e loxística de GNL a ámbito global e comercialización de gas e electricidade en Europa.
- Negocio Infraestructuras España & EMPL – dirixida por Rosa Ma Sanz. Inclúe os negocios de redes de gas e electricidade de España e os gasodutos do Magreb.
- Negocio Infraestructuras Latinoamérica Zona Sur, dirixida por Antonio Gallart. Inclúe os negocios de redes de gas e electricidade de Chile, Arxentina, Brasil e Perú.
- Negocio Infraestructuras Latinoamérica Zona Norte, dirixida por José G. Sanleandro. Inclúe os negocios de redes de gas e electricidade de México e Panamá.

Así mesmo, simplifícanse as funcións corporativas que se responsabilizan de determinar a estratexia e políticas do Grupo cos seguintes responsables:
- Finanzas, dirixida por Carlos J. Álvarez.
- Estratexia e Desenvolvemento Corporativo, dirixida por Antoni Basolas.
- Secretaría Xeral e do Consello, dirixida por Manuel G. Cobaleda.
- Mercado de Capitais, dirixida por Steven Fernández.
- Controlling, dirixida por Jon Ganuza.
- Comunicación e Relacións Institucionais, dirixida por Jordi Garcia Tabernero.
- Recursos Corporativos, dirixida por Antoni Peris.