Global Power Generation (Grupo Naturgy) completa dúas emisións de bonos en Brasil para financiar as súas plantas fotovoltaicas

  • Naturgy, a través de Global Power Generation (GPG), a súa filial de xeración internacional de enerxía eléctrica, completou a emisión de obrigas (infraestruture debentures) para refinanciar dúas plantas de xeración de enerxía solar fotovoltaica en Brasil.

A emisión, por un importe conxunto de 265 millóns de reais brasileiros, destinarase a reembolsar gastos, custos e débedas incorridas para a construción dos parques Sertão I Solar e Sobral I Solar cunha capacidade de xeración conxunta de 68 MW. Trátase de dúas das primeiras emisións con estas características completada en Brasil para o financiamento de parques fotovoltaicos aínda que é unha vía habitual de financiamento de proxectos eólicos e de transmisión.

A emisión do parque Sobral foi adxudicada na súa totalidade a un único comprador por un importe de 135 millóns de reais, un prazo de 15 anos e tres meses e un spread sobre o índice de referencia (NTN-B) de 195 puntos básicos.

A correspondente a Sertão, por un importe de 130 millóns de BRL, foi adxudicada cun spread sobre NTN-B a 120 puntos básicos. O prazo quedou fixado en 14 anos e tres meses.

Ambas as dúas emisións, sen garantía da matriz recibiron a cualificación de AAA (local) pola axencia de rating Fitch. Banco Santander e Itaú actuaron como colocadores.

Con estas emisións, Naturgy optimiza a estrutura financeira de acordo cos compromisos adquiridos no seu plan estratéxico, maximizando o financiamento nos propios negocios, diversificando as fontes de financiamento con recurso aos mercados de capitais e obtendo unha cobertura natural de tipo de cambio ao endebedar os proxectos na mesma divisa en que se xeran os ingresos.

Compartir