Naturgy progresa na implantación do seu Plan Estratéxico ao rexistrar un ebitda ordinario de 1.167 millóns de euros, un 6% máis que en 2018

  • Os investimentos do trimestre superaron os 300 millóns de euros, que reflicten principalmente o desenvolvemento da nova capacidade de renovables prevista e, polo tanto, o sólido proxecto industrial do grupo, tanto a ámbito nacional como internacional.
  • A débeda neta situouse en 15.003 millóns de euros, por debaixo da rexistrada a 31 de decembro de 2018, grazas a un maior foco na xeración de caixa.  
  • A compañía confirma o seu compromiso de retribuír o accionista en liña co Plan. Así, neste trimestre destinou 560 millóns ao pagamento do dividendo con cargo a 2018, e 135 millóns ao programa de recompra de accións.

Naturgy demostrou nos resultados do primeiro trimestre de 2019 o progreso na implantación do seu Plan Estratéxico cunha decidida aposta polas enerxías renovables, o que mostra o sólido plan industrial do grupo, tanto a ámbito nacional como internacional. Ao mesmo tempo, a compañía reduciu o seu perfil de risco e elevou a súa exposición en activos regulados con novos investimentos. Por outra banda, e grazas a un maior foco na xeración de caixa, o grupo conseguiu reducir a súa débeda neta e cumpre co seu compromiso de retribución ao accionista ao finalizar o pagamento do dividendo con cargo aos resultados do ano precedente.

O presidente executivo da compañía, Francisco Reynés, resaltou que o “grupo continúa co seu proxecto industrial, investindo en renovables e redes, o que nos permite adaptarnos ao mix enerxético do futuro e á calidade de servizo que necesitan e demandan os clientes. Así mesmo, seguimos cumprindo cos compromisos que adoptamos hai un ano na remuneración dos accionistas, ao tempo que mantemos os niveis de débeda estable. Naturgy segue avanzando na execución do Plan Estratéxico, cun destacado progreso nas eficiencias e na redución do perfil de risco de Naturgy. Este avance produciuse en parte grazas á actualización tarifaria dalgúns países en América latina e, sen dúbida, á mellora progresiva no perfil de risco dos negocios liberalizados”.

Unha mostra da boa marcha da compañía son os resultados rexistrados no primeiro trimestre, cun ebitda ordinario que alcanzou os 1.167 millóns de euros, un 6% máis que no mesmo período do ano anterior, e un beneficio neto ordinario de 377 millóns, o que supón un incremento do 16%. Cómpre salientar as actualizacións tarifarias en América latina, que recoñeceron a depreciación das divisas e a inflación que tivo lugar en 2018.

Os investimentos ascenderon a 301 millóns de euros no período e reflicten principalmente o desenvolvemento de nova capacidade de renovables prevista pola compañía, así como o crecemento en redes de distribución, sempre en liña cos requisitos fixados no Plan Estratéxico 2018-2022.

Este esforzo investidor supón un avance no proxecto industrial de Naturgy, onde destacan os 138 MW de proxectos solares e eólicos postos en operación en España no primeiro trimestre, e outros 777 MW que entrarán en operación ao longo do ano. Con todo, a capacidade instalada no país ascende xa a preto de 1.320 MW, un 15% máis. A compañía tamén investiu no desenvolvemento de 180 MW de enerxía eólica en Australia e 324 MW de capacidade eólica e solar en Chile, que entrarán en operación antes do terceiro trimestre de 2020 e do primeiro trimestre de 2021, respectivamente.

A 31 de marzo de 2019, a débeda neta ascendeu a 15.003 millóns de euros, un 2% menos que o 31 de decembro de 2018, grazas a un maior foco na xeración de caixa, tras destinar 560 millóns para o pagamento do dividendo complementario do 2018 e un total de 135 millóns para o programa de recompra de accións propias durante o trimestre.

Durante el primer trimestre de 2019, las agencias calificadoras S&P y Moody’s reafirmaron su calificación a largo plazo en BBB y Baa2 respectivamente, ambas con perspectiva estable.

Plan de eficiencias e redución do perfil de risco

Naturgy seguiu avanzando no seu plan de eficiencias e nunha gradual redución do seu perfil de risco. En concreto, a redución de custos aplicada dende o lanzamento do Plan Estratéxico o pasado mes de xuño é notable en todas as áreas da compañía e seguirá sendo un impulsor clave na evolución do negocio.

Neste sentido, o grupo incorreu nuns custos de captura non ordinarios de 50 millóns de euros durante o primeiro trimestre. Consecuentemente, Naturgy continúa de forma favorable coa execución da súa folla de ruta para lograr as eficiencias previstas para este ano e reitera o seu compromiso para o 2022.

Remuneración ao accionista

Naturgy tamén continúa cumprindo coa remuneración comprometida cos accionistas. Neste sentido, o pasado 20 de marzo a compañía finalizou o pagamento do dividendo comprometido a cargo dos resultados de 2018.

Cómpre salientar tamén que, dende o inicio do Plan Estratéxico ata o 31 de marzo de 2019, Naturgy investiu 238 millóns de euros para recomprar accións como parte do programa anual de recompra de títulos propios de 400 millóns de euros que se completará a finais de xuño de 2019. A Xunta Xeral Ordinaria de Accionistas, que tivo lugar o pasado mes de marzo, aprobou unha redución do capital social da empresa mediante a amortización das accións compradas no marco deste programa.

Resultados por negocios

Por unidades de negocio, Gas&Power rexistrou un ebitda ordinario de 409 millóns, un 1,2% máis, debido principalmente a que as novas políticas comerciais do grupo, o plan de eficiencias e a nova capacidade de renovables puideron compensar a caída de prezos do gas rexistrada nos primeiros meses do ano. A suspensión do imposto á xeración en España compensou parcialmente a menor achega hidráulica, os maiores custos de CO2 e a suspensión dos pagamentos por dispoñibilidade dos ciclos combinados de gas.

O negocio de Infraestruturas EMEA incrementou o seu ebitda ordinario un 7,7% ata os 475 millóns de euros, como resultado dun bo comportamento de todas as súas actividades. En infraestruturas de gas, as eficiencias logradas compensaron os menores volumes debido ás suaves temperaturas rexistradas este inverno. A redución de custos tamén foi clave nas redes eléctricas, xunto á entrada en operación de novos activos.

O resultado do negocio de Infraestruturas América latina Zona Sur (Chile, Arxentina e Brasil, principalmente) creceu significativamente, cun ebitda ordinario de 194 millóns de euros (+15%), grazas ás eficiencias alcanzadas e á actualización das tarifas que recoñecen a depreciación das divisas e a inflación.

No caso de Infraestruturas América latina Zona Norte (México e Panamá) o ebitda ordinario foi de 101 millóns de euros, cunha alza do 68% con respecto ao mesmo período de 2018, debido á revisión regulatoria das tarifas, un crecemento da demanda, maiores marxes e a redución de custos.

Conta resultados consolidada

ReportadoOrdinario
(€ millones)1T 191T 18Variación1T 191T 18Variación
Vendas netas6.3496.386-0,6%6.3496.386-0,6%
EBITDA1.1191.0536,3%1.1671.1045,7%
Amortizacións e perdas por deterioración-389-590-34,1%-389-420-7,4%
Deterioro perdas crediticias-33-2913,8%-33-2913,8%
EBIT69743460,6%74565513,7%
Resultado financeiro-167-160-4,4%-167-1604,4%
Resultado método de participación211540,0%211540,0%
Imposto sobre beneficios-119-9920,8%-131-10821,9%
Resultado operacións interrompidas183
Participacións non dominantes-91-5468,5%-91-7718,2%
Resultado neto3413206,7%37732615,8%

Contribución ao ebitda por actividades

ReportadoOrdinario
(€ millones)1T 191T 18Variación1T 191T 18Variación
Gas e Electricidade4023990,5%4094041,2%
Infraestructuras EMEA4464411,1%4754417,7%
Infraestructuras LatAm Sur19313740,9%19416914,8%
Infraestructuras LatAm Norte10160-68,3%1016068,3%
Resto-2216-1230
TOTAL1.1191.0536,3%1.1671.1045,7%
Compartir