Nedgia Castilla-La Mancha renova o seu apoio ás iniciativas culturais da Real Fundación de Toledo

  • A distribuidora do grupo Gas Natural Fenosa na rexión é membro protector desta fundación coa que colabora na conservación e revitalización cultural da cidade de Toledo.

A presidenta do Padroado da Real Fundación de Toledo, Paloma Acuña, e o director xeral de Nedgia Castilla-La Mancha, Miguel Martín de Pinto, asinaron hoxe un novo convenio de colaboración polo que a compañía enerxética apoiará, un ano máis, diversas actividades culturais da Real Fundación de Toledo que terán lugar ao longo de 2018.

Nedgia Castilla-La Mancha é membro protector da Real Fundación de Toledo dende o ano 2000. Dende esa data apoia a actividade cultural realizada por esta organización privada e sen ánimo de lucro, que contribúe á conservación e revitalización da cidade histórica de Toledo cun programa de actividades sobre patrimonio e paisaxe cultural, para a súa protección, conservación e posta en valor, así como formación nestes ámbitos.

Coa sinatura deste convenio, Nedgia Castilla-La Mancha contribúe unha vez máis á promoción social e cultural, mantendo así o seu compromiso co desenvolvemento, alén do ámbito empresarial, e que se concreta nun amplo labor de patrocinio en iniciativas que xeran un alto valor para a sociedade nas zonas nas que desempeña a súa actividade.

Presenza do gas natural en Toledo

NEDGIA Castilla-La Mancha, filial de NEDGIA —antiga Gas Natural Distribución—, conta cunha rede de distribución de case 1.700 quilómetros e case 74.000 puntos de subministración en 38 localidades toledanas. A ámbito rexional, xestiona máis de 267.000 puntos de subministración en 78 municipios e unha rede de distribución que supera os 4.100 quilómetros.

Actualmente, NEDGIA CLM dá subministración doméstico-comercial a Ajofrín, Alameda de la Sagra, Añover de Tajo, Bargas, Borox, Calera y Chozas, Cobeja, Cobisa, Consuegra, Esquivias, Fuensalida, Illescas, Madridejos, Magán, Mocejón, Mora, Nambroca, Noblejas, Numancia de la Sagra, Ocaña, Olías del Rey, Ontígola, Pantoja, Polán, Puebla de Almoradiel (La), Quintanar de la Orden, Seseña, Sonseca, Talavera de la Reina, Toledo, Torrijos, Valmojado, Villacañas, Villaluenga de la Sagra, Yébenes (Los), Yeles, Yuncler e Yuncos.

Compartir