Unión Fenosa Distribución, filial de distribución eléctrica de GAS NATURAL FENOSA, investirá en 2018 un total de 7,54 millóns de euros a traballos de talla selectiva e poda de árbores e roza para garantir o óptimo funcionamento da subministración eléctrica. Por provincias, Unión Fenosa Distribución destinará 2,7 millóns na Coruña, 1,7 en Lugo, 1,6 en Ourense e 1,4 millóns na provincia de Pontevedra.
O obxectivo destas tarefas de limpeza nas zonas de servidume das liñas é garantir as maiores condicións de seguridade para as infraestruturas de subministración eléctrica e asegurar a calidade e a accesibilidade da rede, evitando posibles incidencias por acumulación de masa forestal nas zonas próximas ás redes de distribución.
Cómpre salientar que, segundo a propia Lei de incendios, a presenza de árbores de crecemento rápido, como piñeiros e eucaliptos, poden supoñer un risco para a propagación de incendios forestais; adicionalmente, a caída destas árbores sobre o tendido eléctrico, especialmente durante temporais con fortes refachos de vento, poden provocar incidencias sobre a subministración..
As accións de limpeza das redes de distribución eléctrica desenvólvense seguindo un programa cíclico de actuacións en función das características das liñas e das especies de arboredo. O 85% dos 60.000 quilómetros de liñas eléctricas da compañía en Galicia son aéreas e, polo tanto, suxeitas a zonas boscosas ou con vexetación.
A distribuidora eléctrica investiu preto de 55 millóns de euros dende o ano 2010 nestes traballos de mantemento das súas liñas eléctricas de alta e media tensión en Galicia, que se desenvolven nos 285 municipios galegos nos que a compañía ten rede de distribución. O esforzo investidor levado a cabo nos últimos anos e a focalización de recursos nas actuacións de mantemento contribuíron decisivamente á mellora dos indicadores de calidade do servizo eléctrico sobre todo no rural galego, ademais de axudar os esforzos pola prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia.
Uso de drons e termografía para o mantemento das liñas
Unión Fenosa Distribución incorporou o uso de drons nos traballos de supervisión e mantemento das liñas eléctricas de alta tensión, o que aumenta a seguridade das operacións de inspección, xa que diminúen o número de traballos que se executan en altura.
O uso de aeronaves non tripuladas permite captar información dende todos os ángulos e enfocar os cables eléctricos para visualizar a rúa da liña e a súa contorna, ademais de almacenar datos en formato visual e térmico. Dende a súa incorporación, en 2015, os drons percorreron preto de 1.350 quilómetros e revisaron máis de 90 circuítos e case 4.500 apoios de alta tensión.