Xestión de riscos

Modelo de control e xestión de riscos

O modelo de control e xestión de riscos de Naturgy determina metodoloxías de valoración do risco e modeliza, controla, xestiona e establece o informe do risco do Grupo, para garantir o mantemento dun perfil de risco e duns límites de risco obxectivo que aseguren que o nivel de exposición, no desenvolvemento das súas actividades, sexa consistente cos obxectivos anuais e estratéxicos.

Este modelo ten en conta os principios de integración, segregación, homoxeneidade, coherencia e transparencia do Goberno Corporativo, e estrutúrase en catro piares:

  • Gobernanza (Risk Governance): define a gobernanza para cada tipoloxía de risco, na que establece a normativa necesaria e realiza unha asignación de responsabilidades.
  • Identificación e avaliación do risco (Risk Assessment): establece as metodoloxías de valoración de riscos, harmonizando os procedementos comúns de identificación, valoración e tratamento da información asociados a cada risco para garantir a uniformidade e coherencia tanto na cuantificación individual dos riscos como na súa posterior agregación, co obxectivo de lograr unha visión homoxénea e integrada destes.

As metodoloxías de valoración dependerán da natureza dos riscos, sendo as máis relevantes:

    • Cuantitativa/estocástica: simulación probabilística de escenarios, con compoñentes aleatorios, que permite avaliar desviacións baixo diferentes intervalos de confianza.
    • Determinista/escenarios: impacto esperado do evento polo seu nivel de probabilidade.
    • Stress Test: avaliación de escenarios extremos.
    • Mapas de calor: análise cualitativa do risco por factor. 
  • Límites de risco (Risk Appetite): establece a tolerancia ao risco fixando límites para as categorías de risco máis relevantes, aliñados cos obxectivos do Grupo.
  • Informe e monitorización do risco (Risk Reporting): establece o informe sistemático e periódico do risco en diferentes niveis de xestión, materializado a través do mapa corporativo de riscos, dos informes de riscos recorrentes e os informes elaborados para necesidades concretas.
    O mapa corporativo de riscos identifica e cuantifica os riscos susceptibles de afectar o desempeño de Naturgy, e proporciona unha visión global, homoxénea e integrada destes.

Categorías de risco

Naturgy definiu no mapa corporativo de riscos cinco tipoloxías de riscos: económicos, financeiros, operativos, reputacionais/cumprimento e estratéxicos.

Tipoloxías de riscos económicos e financeiros

Para as tipoloxías de riscos económicos e financeiros, aplícase unha avaliación de risco por modelización cuantitativa/estocástica ou por metodoloxía determinista/escenarios, na que se determina, neste último caso, o impacto esperado do evento polo seu nivel de probabilidade.

Categorías de riscos económicos

Riscos derivados da volatilidade de factores exóxenos, da variación da oferta e a demanda, da modificación dos marcos regulatorios, así como os riscos de natureza xurídica que impactan nos resultados do Grupo:

  • Risco de commodity: incerteza asociada á variabilidade dos prezos dos bens enerxéticos e materias primas cos que opera Naturgy.
  • Risco de marxe/prezo (non incluído no risco de commodity): incerteza asociada ao comportamento de variables clave que son consecuencia de cambios na presión competitiva, hipóteses de marxe non acadadas ou revisións contractuais.
  • Risco de tipo de cambio: incerteza asociada á variación da cotización das divisas que afectan o valor das transaccións, activos ou pasivos en moeda estranxeira do Grupo.
  • Risco de volume: incerteza asociada á variación de volumes producidos, aprovisionados, distribuídos ou comercializados debida ás características propias dos mercados e da demanda onde operan os negocios de Naturgy, aos parámetros meteorolóxicos, climatolóxicos e á contorna macroeconómica.

De forma xenérica, dada a súa natureza e xestión, estes catro riscos englóbanse baixo a denominación de Risco de mercado.

  • Risco regulatorio: incerteza asociada á revisión dos marcos ou parámetros retributivos dos negocios regulados ou á modificación do marco normativo no que operan os negocios de Naturgy.
  • Risco xurídico: incerteza asociada ao desenlace potencial de litixios, arbitraxes ou reclamacións xurídicas abertas contra Naturgy.

Categorías de riscos financeiros

Riscos derivados da modificación dos marcos fiscais, da estrutura e necesidades de financiamento dos activos, ademais da morosidade, con impacto no fluxo de caixa ou no balance do Grupo.

  • Risco fiscal: incerteza asociada á correcta aplicación da normativa fiscal, á complexidade da súa interpretación, así como ás súas posibles modificacións, cun potencial impacto económico nas contas anuais consolidadas do Grupo.
  • Risco de crédito: incerteza asociada á deterioración da calidade crediticia ou ao impago por parte dos diferentes segmentos de clientes ou contrapartes comerciais e financeiras coas que opera Naturgy.
  • Risco de tipo de xuro: incerteza asociada aos movementos de tipos de xuro con impacto no gasto financeiro do Grupo, derivados das necesidades de financiamento nas divisas nas que está denominada a débeda de Naturgy.
  • Risco de rating: incerteza asociada á revisión do rating do Grupo respecto do obxectivo establecido.
  • Risco de liquidez: incerteza asociada a un aumento potencial das necesidades de financiamento e á capacidade do Grupo para facer fronte ás súas obrigas financeiras.

Tipoloxías de riscos operativos, reputacionais/cumprimento e estratéxicos

Para as tipoloxías de riscos operativos, reputacionais/cumprimento e estratéxicos, aplícase, en xeral, unha avaliación de riscos por modelización cuantitativa/estocástica ou por metodoloxía determinista/escenarios, mapas de calor, avaliación por rating interno/externo ou stress tests.

Categorías de riscos operativos

Riscos derivados de fallos en procesos, sistemas, persoas, activos materiais ou factores externos que poidan impactar negativamente sobre a continuidade das operacións, a sostibilidade dos negocios ou supoñan perdas financeiras, sancións legais ou compromisos coa seguridade e a saúde.

  • Risco operacional: incerteza asociada aos eventos fortuítos, fallos nos procesos ou accidentes que afecten a persoas, perdas financeiras ou danos, ou indispoñibilidades nos activos de explotación do Grupo.
  • Riscos relacionados coa natureza: incerteza asociada aos efectos adversos que a degradación de ecosistemas, a perda de especies ou a alteración dos servizos ecosistémicos poidan ocasionar ás operacións, á cadea de subministración e ao valor financeiro de Naturgy, debido ás dependencias e os impactos que a organización ten sobre os recursos naturais.
  • Risco de cambio climático: incerteza asociada aos impactos físicos por eventos extremos da natureza ou por cambios graduais e a longo prazo do clima, ademais dos impactos derivados das políticas de transición que provoquen cambios na normativa, o mercado ou a tecnoloxía.
  • Risco de security: incerteza asociada á materialización de danos persoais ou materiais, xerados de forma intencionada por un terceiro.
  • Risco de terceiros: incerteza asociada á relación con terceiras partes cuxo comportamento/desempeño poida supoñer perda, dano, interrupción operativa, incumprimento regulatorio ou posible perda de control, calidade ou servizo dos procesos externalizados, incluíndo o impacto na continuidade de operacións por rupturas con provedores, contratistas, socios comerciais, vendedores e calquera outra entidade externa coa que a organización teña unha relación contractual ou de colaboración.
  • Risco de fraude: incerteza asociada á materialización de calquera acción intencional non lícita realizada por un empregado ou un terceiro para lograr un beneficio propio, directo ou indirecto, a través do uso incorrecto dos recursos ou activos de Naturgy.
  • Risco de ciberseguridade: incerteza asociada á materialización de ataques maliciosos ou eventos accidentais con impacto operacional que afecte a datos, redes informáticas ou tecnoloxía.
  • Risco de protección de datos: incerteza asociada ao incumprimento das obrigas en materia de protección de datos que poida dar lugar a unha sanción administrativa ou sentenza no ámbito civil.
  • Risco de seguridade e saúde: incerteza asociada a lesións e deterioración da saúde dos profesionais de Naturgy e das empresas colaboradoras relacionados coa actividade.

Categorías de riscos reputacionais/cumprimento

Riscos derivados do incumprimento de leis vixentes, normativa aplicable, tanto interna como externa, e dos estándares éticos de Naturgy, ademais do inadecuado desempeño en aspectos ASG, satisfacción do cliente e xestión do talento que poidan xerar perdas financeiras, sancións, litixios ou danos á reputación do Grupo.

  • Risco de compliance: incerteza asociada ao incumprimento, tanto da lexislación vixente coma de calquera das políticas e demais regulación interna aplicable ás actividades do Grupo, que poida implicar sancións, perdas financeiras ou dano reputacional.
  • Risco reputacional e ASG: incerteza asociada ao cambio da percepción dos grupos de interese respecto á reputación de Naturgy e da súa capacidade para desenvolver negocios sostibles dende un punto de vista ambiental, social e de gobernabilidade (ASG).
  • Risco de satisfacción do cliente: incerteza asociada á deterioración da satisfacción do cliente por déficit na execución dos procesos con impacto no seu ciclo de vida.
  • Risco de persoas: incerteza asociada a cambios en contextos político-económicos, modificacións na normativa laboral ou aqueles derivados da propia xestión dos procesos que integran a proposta de valor y e a experiencia profesional en Naturgy.

Categorías de riscos de estratéxicos

Riscos asociados á carteira de negocios a longo prazo de Naturgy derivados da planificación estratéxica (como a exposición a commodities a longo prazo, a asignación de capital por xeografía, o perfil de risco dos negocios, a estratexia comercial e o desenvolvemento de novas iniciativas), de cambios na contorna competitiva, da sostibilidade do negocio (incluíndo o cambio climático e outros riscos relacionados coa natureza) e das apostas en innovación que afectan á capacidade da empresa para acadar os seus obxectivos a longo prazo. En xeral, os impactos dos riscos estratéxicos integraranse como proxeccións, no horizonte temporal correspondente, dentro dos riscos económicos, financeiros, operativos e dos reputacionais/cumprimento.

Principais riscos: descrición, xestión e métrica

Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Riscos de commodity
Prezo das materias primas: GasVolatilidade nos mercados internacionais que determinan o prezo do gas.Xestión da carteira de compra e de venda, complementada con coberturas financeiras.EstocásticaVolatilidade de índices de gas. Desacople na evolución dos prezos de commodities.
Prezo das materias primas: ElectricidadeVolatilidade nos mercados electricidade.Optimización do parque de xeración e estrutura de comercialización, complementado con coberturas financeiras.EstocásticaPenetración de renovables con custo marxinal cero e produción intermitente. Desacople na evolución dos prezos de commodities.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Tipo de cambioVolatilidade das divisas nos países onde Naturgy opera.Diversificación xeográfica. Coberturas mediante financiamento en moeda local, derivados financeiros e pricing.EstocásticaIncerteza sobre as perspectivas de crecemento e inflación en América Latina, especialmente en Arxentina, e en Brasil e México en menor medida.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
RegulatorioExposición á revisión dos criterios e niveis de rendibilidade recoñecida para as actividades reguladas ou novas medidas regulatorias.Intensificación da comunicación con organismos reguladores. Axuste de eficiencias e investimentos ás taxas recoñecidas.EscenariosPresión dos reguladores, en función da situación de país/sector.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Riscos de volume
Volume: GasDesaxuste da oferta e a demanda de gas.Optimización de contratos e activos a ámbito global.Determinista/
Estocástica
Presión da demanda agregada. Risco de curtailments e interrupción de subministración.
Volume: ElectricidadeRedución do oco térmico dispoñible.
Incerteza no volume de produción renovable por variabilidade do recurso.
Optimización do balance eléctrico de Naturgy.EstocásticaPresión da demanda agregada. Previsibilidade de produción renovable.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Marxe/prezoRisco orixinado por cambios na presión competitiva ou escenarios de optimización de marxe.Xestión da carteira adecuando os prazos de contratación.EscenariosRevisión de contratos a longo prazo de gas.
Presión competitiva na renovación de contratos de subministración.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
XurídicoIncerteza derivada do desenlace potencial de litixios, arbitraxes ou reclamacións xurídicas abertas.Análise e mitigación dos riscos legais que afecten á operatividade da empresa e ao goberno corporativo.
Contratación de empresas xurídicas de primeiro nivel.
Dotación de provisións segundo normativa contable.
EscenariosDiferentes unidades de negocio afectadas con distintas normas legais en cada país.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Risco operacionalAccidentes, danos ou indispoñibilidades nos activos de Naturgy. Respecto a incidentes medioambientais, inclúe a posible superación, de forma natural ou por acción humana, de límites ambientais obrigatorios, fixados polo regulador, que produzan danos a terceiros, aos ecosistemas ou á biodiversidade.Plans de mellora continua. Optimización do custo total de risco e das coberturas. Plans de emerxencia en instalacións con risco de accidente ambiental. Pólizas de seguro específicas. Xestión integral ambiental, a través dun sistema integrado de xestión, certificado e auditado anualmente por TÜV (medioambiental).EstocásticaMercado asegurador brando a curto prazo, con melloras de cobertura e baixada de prima pola diminución da sinistralidade de catástrofe natural nos últimos 48 meses.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
CréditoIncerteza asociada á probabilidade de impago das obrigas financeiras ou deterioración da calidade crediticia dos diferentes clientes finais e contrapartes.Análise de solvencia de clientes para definir condicións contractuais específicas.
Proceso de recobro.
Contratación de seguros.
EstocásticaEstabilidade da perda esperada e inesperada.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Tipo de xuroVolatilidade nos tipos de xuro aplicables ao financiamento de Naturgy.Diversificación de fontes de financiamento.
Xestión da débeda.
Coberturas financeiras.
EstocásticaIncerteza respecto ao nivel de escenario do tipo de xuro.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
FiscalAmbigüidade ou subxectividade na interpretación da normativa fiscal vixente, ben pola alteración ou pola aprobación de novas medidas.Consultas a organismos expertos independentes.
Contratación de empresas asesoras de primeiro nivel.
Adhesión ao Código de Boas Prácticas Tributarias.
Dotación de provisións segundo normativa contable.
EscenariosCrecente complexidade das figuras tributarias aplicables e gran dispersión normativa entre diferentes administracións fiscais. Todo iso afecta ás diferentes unidades de negocio e corporativas.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Riscos de liquidez e ratingRiscos financeiros asociados ao mantemento do rating do Grupo, derivado das condicións de liquidez ou outras causas.Establecemento de medidas para asegurar a liquidez e o rating obxectivo.EscenariosRatificación do obxectivo de rating dentro do Investment Grade.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
SecurityRisco residual asociado a danos persoais ou materiais xerados de forma intencionada por un terceiro sobre instalacións críticas.Posicionamento corporativo a través da Política de Security, que define o modelo
de protección específico para Infraestruturas Críticas (IICC). Interlocución con negocios, Centro Nacional para a Protección de Infraestruturas Críticas (CNPIC), Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE-CERT) e outros organismos.
Mapa de calor/escenariosAuditorías de certificación das entidades críticas por parte do regulador (futuro CNPREC); a resiliencia operativa terá un gran peso.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
TerceirosIncerteza asociada á relación con terceiras partes cuxo comportamento/desempeño poida supoñer perda, dano, interrupción operativa, incumprimento regulatorio ou posible perda de control.Xestión do risco de provedores. Procedementos de debida dilixencia para a análise de riscos de contraparte. Adhesión sistemática ao código ético do provedor.
Plan anual de auditoría interna, coa detección de debilidades e implantación de accións de mellora coa supervisión da Comisión de Auditoría e Control.
Mapa de calor/escenariosAvaliación, monitorización e seguimento de provedores segundo os riscos do sector de enerxía, riscos específicos da subministración, así como os riscos do país no que se realiza a devandita subministración.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
FraudeRisco derivado de calquera acción intencional non lícita realizada por un empregado ou un terceiro para obter un beneficio propio ou para un terceiro, directo ou indirecto, a través do uso incorrecto dos recursos ou activos de Naturgy.Mecanismos de control a través do sistema de control interno de información financeira (SCIIF), do modelo de prevención penal e a política global de información financeira e de sostibilidade. Auditorías continuasEscenariosMellora en ratios de identificación de fraudes, a través de ferramentas e desenvolvementos de IA para axudar a conter os niveis de fraude.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
CiberseguridadeAtaques maliciosos ou eventos accidentais que afectan aos datos, ás redes informáticas ou á tecnoloxía.Implantación de medidas de seguridade; análise de eventos e de aplicación de remedios; formación.
Reforzo dos plans de concienciación, tecnolóxicos e de medidas de protección de infraestruturas e activos de operación para mitigar a probabilidade de que se materialicen os riscos e impactos asociados.
Escenarios/Mapa de calorIncremento de ameazas potenciadas polo uso de IA, por cibercriminais e polo contexto xeopolítico.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Protección de datosIncerteza asociada ao incumprimento das obrigas en materia de Protección de Datos que pode dar lugar a unha sanción administrativa ou sentenza no ámbito civil.Plan de Acción por área de Negocio para mitigar o risco asociado a cada obriga en función da prioridade e criticidade. Trabállase en liña cos requirimentos do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD) e da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD). Plan de auditoría interna de revisión periódica do cumprimento.Mapa de calor/escenariosIncerteza e endurecemento normativo.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Relacionados coa naturezaEfectos adversos que a degradación de ecosistemas, a perda de especies ou a alteración dos servizos ecosistémicos poidan ocasionar nas operacións, a cadea de subministración e o valor financeiro de Naturgy, debido ás dependencias e os impactos que a organización ten sobre os recursos naturais.Plans de emerxencia en instalacións con risco de accidente ambiental.
Pólizas de seguro específicas.
Xestión integral ambiental.
Naturgy adoptou as recomendacións dos grupos de traballo internacional Task Force on Nature-related Financial Disclosures (TNFD), no que se refire á análise de riscos e oportunidades relacionados coa biodiversidade.
Escenarios/Mapa de calorElevado cambio normativo ou regulatorio en función da localización.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Seguridade e saúdeRisco de lesións e deterioración da saúde dos profesionais de Naturgy e das empresas colaboradoras relacionadas coa actividade.Sistema de xestión de seguridade e saúde. Plan de seguridade dirixido ao control dos seis factores de risco de maior criticidade por frecuencia e gravidade de
accidentabilidade: espazos confinados, traballo en altura, risco eléctrico, talla e poda de arboredo, manipulación de carga e seguridade viaria.
Mapa de calor/escenariosEstable en valores baixos de risco.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Reputacional e ASGDeterioración da percepción de Naturgy dende diferentes grupos de interese, por motivos ambientais, sociais e de gobernabilidade.Identificación e seguimento de potenciais eventos reputacionais. Transparencia na comunicación. Mecanismo de control a través do Sistema de Control Interno de Información sobre Sostibilidade (SCIIS).Escenarios/Mapa de calorEstabilización das puntuacións do índice RepRisk.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Risco de compliance
Risco reputacional e penalSancións administrativas e penais. Deterioración da imaxe reputacional de Naturgy.Modelo de prevención penal, Código Ético e Política Anticorrupción.
Canle do Código Ético.
Formación.
Mapa de calor/escenariosComisión de ilícitos penais, sancións, perdas financeiras, de reputación, de contratos e clientes.
Risco de contraparteSancións administrativas e penais. Dano reputacional, con impacto nas relacións contractuais.Procedemento de Due Diligence de Contraparte.
Formación.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Cambio ClimáticoIncerteza derivada da transición enerxética (normativas, mercados ou tecnolóxicas) e dos impactos físicos do cambio climático.Posicionamento corporativo a través da Política global de sostibilidade, do Plan de sostibilidade e do Plan de transición climática, no que se reforza a gobernanza en temas de clima e se establecen obxectivos de transición enerxética aliñados co Plan estratéxico.Análise de escenarios climáticos e avaliación cualitativaIncerteza tecnolóxica futura. Aumento dos requisitos de coherencia da información financeira e de sostibilidade cos obxectivos da compañía.

Métricas empregadas:

  • Estocástica: xeración de sendas de evolución das magnitudes máis relevantes, tomando como risco a máxima desviación respecto ao escenario de referencia, de acordo cun nivel de confianza predeterminado. As magnitudes mencionadas son, tipicamente, Ebitda ou fluxo de caixa libre despois de minoritarios.
  • Escenarios: análise do impacto respecto ao escenario de referencia dun número limitado de posibles incidencias.
  • Mapa de calor: valóranse os factores de risco máis relevantes de cada categoría de risco, cuantificando o impacto e a probabilidade de ocorrencia para cada un.
  • Tests de estrés non financeiros.
  • Aplicación de marcos internacionais de avaliación de riscos: Task Force on Climate-Related Financial Disclosures (TCFD) para cambio climático e Task Force on Nature-related Financial Disclosures (TNFD) para Biodiversidade.