Xestión de riscos

Modelo de xestión de riscos

O modelo de xestión de riscos de Naturgy busca garantir a previsibilidade do desempeño da compañía dentro dun rango acoutado e asumible. O modelo cuantifica a variabilidade do resultado e asegúrase de que se adecúe aos niveis obxectivo estratexicamente definidos en todos os aspectos relevantes para os seus grupos de interese.

Entre os elementos esenciais do modelo de medición e xestión de riscos, está o de garantir que os factores de risco relevantes sexan correctamente identificados, avaliados e xestionados. A finalidade última é asegurar que o nivel de exposición ao risco asumido por Naturgy no desenvolvemento das súas actividades sexa congruente co perfil global de risco obxectivo definido e coa consecución dos obxectivos anuais e estratéxicos.

O Sistema Integral de Xestión e Control de Riscos estrutúrase nos seguintes apartados:

  • Risk Governance & Management: mecanismo de goberno e xestión de riscos para todas as tipoloxías de riscos e para todos os negocios, coa implicación do Comité de Dirección.
  • Risk Assessment: metodoloxía, procedemento e proceso de identificación, avaliación e medición dos riscos.
  • Risk Appetite: definición da tolerancia ao risco a través da fixación de límites para as categorías de risco máis relevantes, por natureza do risco e por negocio en función dos obxectivos.
  • Risk Reporting: reporting e monitorización sistemáticos e periódicos do risco a diferentes niveis de xestión: Unidades de Negocios, Corporativas, Comisión de Auditoría e Control e Consello de Administración.

Categorías de risco

Naturgy definiu no Mapa Corporativo de Riscos cinco tipoloxías de risco: Económicos, Financeiros, Operativos, Reputacional/Sostibilidade e Estratéxicos.

Tipoloxías de risco económicos e financeiros

Para as tipoloxías de risco económico e financeiro, aplícase unha avaliación de risco por modelización cuantitativa.

Categorías de riscos económicos

Factores de risco con impacto no resultado dos negocios, causados por volatilidade de factores exóxenos, modificación de marcos regulamentarios ou variación de demanda con impacto en resultados a curto prazo

  • Risco de commodity, incerteza causada pola variabilidade dos prezos dos bens enerxéticos e materias primas cos que opera a compañía.
  • Risco de tipo de cambio, incerteza asociada á variación da cotización das divisas nas que están denominados os negocios de Naturgy durante o transcurso do ano.
  • Risco regulatorio, risco asociado á revisión dos marcos retributivos dos negocios regulados ou á actualización de parámetros retributivos específicos ou á modificación do marco normativo onde operan os negocios de Naturgy.
  • Risco de volume, risco asociado á variación de volumes producidos, distribuídos ou comercializados por variacións da temperatura, por cambio de comportamento de clientes derivado do cambio climático e ámbito macroeconómico ou competitivo respecto ao escenario base considerado nas proxeccións.
  • Risco de marxe/prezo, risco de prezo non considerado no risco de commodity orixinado por cambios na presión competitiva ou hipóteses de marxe non acadadas.
  • Risco xurídico, risco derivado do desenlace potencial de litixios, arbitraxes ou reclamacións xurídicas abertas contra Naturgy no ano de análise.

Categorías de riscos financeiros

Factores de risco con impacto no fluxo de caixa e balance da compañía causados por volatilidade de variables financeiras, impacto potencial de contrapartes, modificación de marcos fiscais ou dotación de provisións.

  • Risco de crédito, perda inesperada por incerteza asociada á probabilidade de impago das obrigas monetarias ou deterioración da calidade crediticia dos diferentes clientes finais e contrapartes coas que opera Naturgy.
  • Risco de tipo de xuro, variabilidade do gasto financeiro da compañía causado por movementos de tipos de xuro e necesidades de refinanciamento nas divisas nas que está denominada a débeda de Naturgy.
  • Risco fiscal, riscos asociados á correcta aplicación da normativa fiscal, á complexidade da súa interpretación, así como ás súas posibles modificacións, con potencial impacto económico nas contas da compañía.
  • Risco de liquidez, risco asociado a un aumento potencial das necesidades de financiamento necesarias para manter o rating obxectivo da compañía.
  • Risco de rating, risco de revisión do Rating da compañía por debaixo do rating actual, considerando que a compañía ten un obxecto de rating anchor BBB.
  • Risco de provisións e garantías, risco de mantemento dun excesivo volume de provisións en balance, o que implica un risco de materialización destas e o seu efecto en saída de caixa.

Tipoloxías de risco operativo, reputacional/sostibilidade e estratéxicos

Para as tipoloxías risco operativo, reputacional/sostibilidade e estratéxico, aplícase, en xeral, unha avaliación da posición de risco mediante mapas de calor.

Categorías de riscos operativos

Factores de risco derivados da operación dos activos humanos e materiais da compañía.

  • Risco operacional, risco asociado aos eventos fortuítos ou accidentes con afectación a persoas e accidentes, danos ou indispoñibilidades nos activos de explotación da compañía, despois das coberturas do programa de seguros de Naturgy.
  • Risco de security, risco residual asociado a danos persoais ou materiais xerados de forma intencionada por un terceiro sobre instalacións críticas.
  • Risco de continuidade de negocio e xestión de crise, risco de perda do mantemento do nivel de servizo, resultante dunha falta de adecuación ou un fallo nos procesos, sistemas, desempeño do persoal propio ou dun terceiro.
  • Risco de fraude, derivado de calquera acción intencional non lícita realizada por un empregado ou un terceiro para lograr un beneficio propio ou para a empresa, directo ou indirecto, a través do uso incorrecto dos recursos ou activos de Naturgy.
  • Risco ciberseguridade, derivado de ataques maliciosos ou eventos accidentais con impacto operacional que afectan aos datos, ás redes informáticas ou á tecnoloxía.
  • Risco de protección de datos, risco asociado ao incumprimento das obrigas en materia de protección de datos, que pode dar lugar a unha sanción administrativa ou sentenza no ámbito civil.
  • Risco de medio ambiente e biodiversidade, risco asociado á posibilidade de que, por forma natural ou por acción humana, se superen límites ambientais obrigatorios fixados polo regulador ou se produzan danos a terceiros, se danen os ecosistemas ou a biodiversidade.
  • Risco de seguridade e saúde, risco de lesións e deterioración da saúde dos profesionais de Naturgy e das empresas colaboradoras relacionados coa actividade.

Categorías de riscos Reputacional/Sostibilidade

Factores de risco asociados a comportamentos non aliñados coas boas prácticas en materia de reputación, compromiso ESG, compliance, persoas e cambio climático.

  • Risco de Reputación e ASG, incerteza na evolución da percepción dos grupos de interese respecto á reputación da compañía e da súa capacidade para desenvolver negocios sostibles dende un punto de vista ambiental, social e de gobernabilidade.
  • Risco de compliance, risco de sancións, perdas financeiras ou perda da reputación que Naturgy podería sufrir como resultado do incumprimento tanto de obrigas legais coma de normas, políticas e demais regulación interna aplicable ás súas actividades.
  • Risco de satisfacción do cliente, risco de non ofrecer ao cliente unha proposta de valor diferencial que sitúe a compañía nunha posición privilexiada para definir novos modelos de relación e afrontar a transformación dixital.
  • Risco de cambio climático, derivado da transición enerxética (cambios na normativa, o mercado ou as tecnoloxías) e dos impactos físicos do cambio climático (físicos agudos e crónicos).

Categorías de riscos de Estratéxicos

Factores de risco asociados ao perfil do portafolios de negocios da compañía: Exposición a commodity no longo prazo, Capital empregado por xeografía (soft vs hard currencies), Perfil de risco dos negocios (exposición a negocios regulamentados vs merchant).

Principáis riscos

Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Riscos de commodity
Prezo das materias primas: GasVolatilidade nos mercados internacionais que determinan o prezo do gas.Coberturas físicas e financeiras. Xestión da carteira de compra e de venda.EstocásticaDesacoplamento entre índices de hubs europeos e índices de contratos de longo prazo.
Prezo das materias primas: ElectricidadeVolatilidade nos mercados electricidade.Coberturas físicas e financeiras.
Optimización do parque de xeración e estrutura de comercialización.
EstocásticaPenetración de renovables con custo marxinal cero e produción intermitente.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Tipo de cambioVolatilidade nos mercados internacionais de divisa.Diversificación xeográfica. Coberturas mediante financiamento en moeda local e derivados.EstocásticaIncerteza sobre as perspectivas de crecemento e inflación en América Latina, especialmente na Arxentina.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
RegulatorioExposición á revisión dos criterios e niveis de rendibilidade recoñecida para as actividades reguladas u medidas regulatorias para mitigar escenarios macro sobrevidos.Intensificación da comunicación con organismos reguladores. Axuste de eficiencias e investimentos ás taxas recoñecidas.EscenariosPresión dos reguladores, en función da situación de país/sector.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Riscos de volume
Volume: GasDesaxuste da oferta e a demanda de gas.Optimización de contratos e activos a ámbito global.Determinista/
Estocástica
Presión da demanda agregada. Risco de curtailments e interrupción de subministración.
Volume: ElectricidadeRedución do oco térmico dispoñible.
Incerteza no volume de produción renovable por variabilidade do recurso.
Optimización do balance comercialización-xeración.EstocásticaPresión da demanda agregada.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Marxe/prezoRisco orixinado por cambios na presión competitiva ou escenarios de optimización de marxe.Xestión da carteira adecuando fórmulas de venda e compra de longo prazoEscenariosRevisión de contratos a longo prazo de gas
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
XurídicoIncerteza derivada do desenlace potencial de litixios, arbitraxes ou reclamacións xurídicas abertas.Análise e mitigación dos riscos legais que afecten á operatividade da empresa e ao goberno corporativo.
Contratación de empresas xurídicas de primeiro nivel.
Dotación de provisións con criterios de prudencia.
EscenariosDiferentes unidades de negocio afectadas con distintas normas legais en cada país.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Riscos asegurablesAccidentes, danos ou indispoñibilidades nos activos de Naturgy.Plans de mellora continua.
Optimización do custo total de risco e das coberturas.
EstocásticaTensión crecente no mercado asegurador, en función da xeografía e o tipo de tecnoloxía, debido ao incremento da frecuencia e a severidade tanto dos fenómenos meteorolóxicos extremos coma dos sinistros de ciberseguridade.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
CréditoIncerteza asociada á probabilidade de impago das obrigas monetarias ou deterioración da calidade crediticia dos diferentes clientes finais e contrapartes.Análise de solvencia de clientes para definir condicións contractuais específicas.
Proceso de recobro.
EstocásticaAumento da perda esperada e inesperada por probabilidade de impago á alza, ante o escenario de inflación e crise enerxética global.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Tipo de xuroVolatilidade nos tipos de xuro de financiamento, por débeda existente ou refinanciamento desta.Coberturas financeiras.
Diversificación de fontes de financiamento.
EstocásticaIncerteza respecto ao nivel de escenario do tipo de xuro.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
FiscalAmbigüidade ou subxectividade na interpretación da normativa fiscal vixente, ou ben pola alteración relevante desta. Aprobación de medidas fiscais imprevistas.Consultas a organismos expertos independentes.
Contratación de empresas asesoras de primeiro nivel.
Adhesión ao Código de Boas Prácticas Tributarias.
Dotación de provisións con criterios de prudencia.
EscenariosDiferentes unidades de negocio afectadas con distintas figuras tributarias.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Riscos de liquidez e solvencia, rating, provisións e garantíasRiscos financeiros asociados ao mantemento do rating da compañía, derivado das condicións de liquidez ou outras causas.
Riscos asociados a un excesivo uso de recursos por mantemento de provisións.
Fixación dun rating obxectivo e xestión dunha liquidez suficiente para conservalo ante un potencial escenario adverso.EscenariosRatificación do obxectivo de rating dentro do Investment Grade no PE 2021-2025
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
SecurityRisco residual asociado a danos persoais ou materiais xerados de forma intencionada por un terceiro sobre instalacións críticas.Posicionamento corporativo a través da Política de Security, que define o modelo de protección específico para Infraestruturas Críticas (IICC). Interlocución con negocios, Centro Nacional para a Protección de Infraestruturas Críticas (CNPIC), Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE- CERT) e outros organismos.Mapa de calor/escenariosAuditorías de certificación entre os operadores críticos, no que o apartado tecnolóxico ten gran peso, por parte do regulador (CNPIC).
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Continuidade de negocio e xestión de criseRisco de perda do mantemento do nivel de servizo resultante dunha falta de adecuación ou un fallo nos procesos, sistemas ou desempeño do persoal.Plan anual de Auditoría Interna. Detección de debilidades. Implantación de accións de mellora. Comisión de Auditoría e Control.Mapa de calor/escenariosAumento da porcentaxe de recomendacións relevantes implantadas.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
FraudeRisco derivado de calquera acción intencional non-lícita realizada por un empregado ou un terceiro para lograr un beneficio propio ou para a empresa, directo ou indirecto, a través do uso incorrecto dos recursos ou activos de Naturgy.Mecanismos de control a través da Política Global do Sistema de Control Interno de Información Financeira.
Contratación de coberturas no mercado asegurador.
EscenariosManter baixos niveis de fraude de Naturgy
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
CiberseguridadeAtaques maliciosos ou eventos accidentais que afectan aos datos, ás redes informáticas ou á tecnoloxía.Implantación medidas seguridade; Análise de eventos e de aplicación de remedios; Formación.Escenarios/Mapa de calorEndurecemento do escenario cibernético. Plan de protección fronte a ameazas para os efectos de mitigar a probabilidade de materialización de riscos e impactos asociados.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Protección de datosIncerteza asociada ao incumprimento das obrigas en materia de Protección de Datos que pode dar lugar a unha sanción administrativa ou sentenza no ámbito civil.Plan de Acción por área de Negocio para mitigar o risco asociado a cada obriga en función da prioridade e criticidade. Trabállase en liña cos requirimentos do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD) e da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD). Plan de auditoría interna de revisión periódica do cumprimento.Mapa de calor/escenariosIncerteza e endurecemento normativo.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
AmbientalPosibilidade de que de forma natural ou por acción humana se superen límites ambientais obrigatorios, fixados polo regulador, e se produzan danos a terceiros, aos ecosistemas ou á biodiversidade.Plans de emerxencia en instalacións con risco de accidente ambiental.
Pólizas de seguro específicas.
Xestión integral ambiental.
Escenarios/Mapa de calorImplantación dun Sistema Integrado de Xestión, certificado e auditado anualmente por AENOR.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Seguridade e saúdeRisco de lesións e deterioración da saúde dos profesionais de Naturgy e das empresas colaboradoras relacionadas coa actividade.Sistema de xestión de seguridade e saúde. Plan de seguridade dirixido ao control dos seis factores de risco de maior criticidade por frecuencia e gravidade de accidentabilidade: espazos confinados, traballo en altura, risco eléctrico, talla e poda de arboredo, manipulación de carga e seguridade viaria.Mapa de calor/escenariosAccidentabilidade empresas colaboradoras.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Reputacional e ASGDeterioración da percepción de Naturgy dende diferentes grupos de interese, por motivos ambientais, sociais e de gobernabilidade.Identificación e seguimento de potenciais eventos reputacionais.
Transparencia na comunicación. Mecanismo de control a través do Sistema de Control Interno de Información non financeira.
Escenarios/Mapa de calorEstabilización das puntuacións do índice RepRisk.
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Risco de compliance
Risco reputacional e penalSancións administrativas e penais. Deterioración da imaxe reputacional de Naturgy.Modelo de prevención penal, Código Ético e Política Anticorrupción.
Canle do Código Ético.
Formación.
Mapa de calor/escenariosComisión de ilícitos penais, sancións, perdas financeiras, de reputación, de contratos e clientes.
Risco de contraparteSancións administrativas e penais. Dano derivado de incumprimento contractual.Procedemento de Due Diligence de Contraparte.
Formación
Tipo de riscoDescriciónXestiónMétricaTendencia
Cambio ClimáticoIncerteza derivada da transición enerxética (normativas, mercados ou tecnolóxicas) e dos impactos físicos do cambio climático.Posicionamento corporativo a través da Política Global de Medio Ambiente e do Plan de Medio Ambiente, onde se reforza a gobernanza en temas de clima e se establecen obxectivos de transición enerxética.Estocástica/
Escenarios/
Mapa de calor
Incerteza tecnolóxica futura. Aumento dos requisitos de coherencia da información financeira cos obxectivos da compañía para mitigar o risco de cambio climático.

Métricas empregadas:

  • Estocástica: xeración de sendas de evolución das magnitudes máis relevantes, tomando como risco a máxima desviación respecto ao escenario de referencia, de acordo cun nivel de confianza predeterminado. As magnitudes mencionadas son, tipicamente, ebitda, beneficio despois de impostos, cash flow ou valor.
  • Escenarios: análise do impacto respecto ao escenario de referencia dun número limitado de posibles incidencias.
  • Mapa de calor: valóranse os factores de risco máis relevantes de cada categoría de risco, cuantificando o impacto e a probabilidade de ocorrencia para cada un.
  • Tests de estrés non financeiros
  • Aplicación de marcos internacionais de avaliación de riscos: Task Force on Climate-Related Financial Disclosures (TCFD) para cambio climático e Task Force on Nature-related Financial Disclosures (TNFD) para Biodiversidade.