Inicio / Conecenos Naturgy / A Enerxía / Renovables / Eólica
Enerxía eólica

Investimos en parques eólicos para contribuír á transición enerxética e á redución de emisións contaminantes
A xeración eólica supón máis do 20% da nosa potencia instalada no mundo
O 49% da enerxía renovable que producimos en 2024 a nivel mundial foi eólica

- Ao peche de 2024 temos unha potencia total instalada en xeración eólica de 3,6 GW repartidos en 2,4 GW en España e 1,2 GW en México, Chile e Australia.
- Cunha produción neta de enerxía de 4.930 GWh en España e 2.142 GWh no resto do mundo.
- O peso da eólica no noso mix enerxético é do 20%.
- A nosa cota de mercado é do 6,4 %.
Desenvolvemos e xestionamos activos de xeración de electricidade cun enfoque global
Novos proxectos
- Parque eólico Ryan Corner
Potencia instalada: 218 MW
Número de aeroxeradores: 52
Localización: Yambuk, Victoria (Australia)
Posta en marcha: primeiro trimestre de 2024
- Parque eólico Picato
Potencia instalada: 46,2 MW
Número de aeroxeradores: 11
Localización: municipios de Lugo e Guntín (Lugo)
Posta en marcha: último trimestre de 2023
- Parque eólico Valverde
Potencia instalada: 49,5 MW
Número de aeroxeradores: 11
Situación: Villabrágima (Valladolid)
Posta en marcha: 2024