En relación coa venda da súa participación anunciada esta mañá por Repsol, o grupo GAS NATURAL FENOSA quere remarcar a excelente colaboración e apoio que mantivo con Repsol, accionista de referencia da compañía dende o ano 1989, así como con todos os membros do Consello de administración nomeados a proposta súa, e moi especialmente co seu presidente, Antonio Brufau, que tamén foi presidente de GAS NATURAL FENOSA dende 1997 ata 2004.