Comeza / Persoas / Así somos / Seguridade, saúde e benestar / Saúde integral
Saúde integral
Velamos pola saúde integral do noso persoal, as súas familias, colaboradores e clientes

Modelo de Organización Saudable
Demos un salto cualitativo ao conseguir a certificación por parte de AENOR como “Organización Saudable” en 2022, ao evolucionar o seu sistema de xestión (dende o modelo anterior de empresa saudable seguindo directrices da Organización Mundial da Saúde) a un modelo provisto dunha estrutura organizativa de alto nivel, polo que, deste xeito, se reflicte o compromiso da compañía cos principios e as recomendacións internacionais existentes que queren promover e protexer de xeito continuado a saúde, a seguridade e o benestar do persoal propio, os seus familiares e as distintas comunidades onde a compañía desenvolve a súa actividade empresarial, coa participación de todas as partes interesadas.
Na Unidade de Asistencia Médica e Saúde Integral, traballamos dende a excelencia e a innovación continua para poñer ao servizo dos empregados, os seus familiares, as empresas colaboradoras, clientes e as contornas sociais en que a compañía opera unha estratexia global de Saúde e Benestar que abranga todo o necesario para o seu beneficio tanto na prevención, promoción e atención da saúde, de xeito personalizado, como na formación e información ao respecto de hábitos saudables, tendo en conta tanto as necesidades individuais coma as particularidades de cada país.

Os equipos de Saúde integral teñen como obxectivo velar pola saúde e o benestar das persoas da compañía desenvolvendo unha atención especial a través do coidado individual e personalizado, sempre respectando a diversidade e as diferenzas inherentes a cada país. A sensibilización e a formación dos empregados en temas de saúde son dúas importantes pancas para promover a nosa cultura saudable capacitando os nosos empregados para fomentar o seu autocoidado.
Sobre a base dun modelo dinámico, sempre en busca de novos métodos de atención próxima ás nosas persoas, o noso éxito sustentouse en establecer o benestar como un obxectivo prioritario e por iso, dende hai anos, durante os recoñecementos médicos, e tamén en consulta, póñense a disposición de todos os empregados unha serie de campañas de saúde preventivas.
O persoal sanitario orienta estas campañas de forma individualizada segundo as características biolóxicas e antecedentes de cada persoa, co fin de combater as enfermidades máis prevalentes en cada país.
-
Prevención do trastorno e enfermidade mental:
- Manexo da diabete e a hipertensión.
- Redución de tabaquismo.
- Campaña para combater o sobrepeso e a obesidade.
- Fomento da actividade deportiva e a nutrición saudable.
- Tamén dende a prevención secundaria, detectando lesións coronarias de forma precoz.
-
Prevención de trastorno y enfermedad mental:
- Campaña de apoio psicolóxico
- Formación en fitness emocional
- Campañas de detección precoz de cancro: xinecolóxico, urolóxico, cancro de colon e cancro de pulmón en fumadores, campaña da que somos pioneiros...
- Prevención de trastornos osteomusculares: Servizos de fisioterapia. Campañas de promoción da actividade física e saudable mediante iniciativas de deporte e saúde como son o Club Deportivo de Naturgy e o acceso á plataforma Wellwo de Saúde e Benestar.

Os nosos equipos de Saúde integral pretenden protexer e promover a saúde física, mental e social das comunidades onde opera a nosa compañía.
Campañas de concienciación
Concienciación aos traballadores e ás súas familias sobre a importancia de coidar a saúde.
Sensibilización acerca da importancia duns hábitos de vida saudables.
Campañas preventivas tamén para familiares e amigos
Dende servizos médicos diriximos campañas de prevención tamén cara á familia e o ámbito social das persoas da compañía.
- Nutrición: Talleres de nutrición e compra saudables. Receitas saudables.
- Plataforma en liña de actividade física para empregados e familiares.
- Campaña de detección precoz de alteracións visuais asociadas a dexeneración macular.
- Multitude de accións divulgativas ao respecto da saúde física, mental e emocional vía webinars.

Involucramos na nosa política non só as persoas que forman a nosa empresa, senón tamén os provedores, empresas colaboradoras, clientes e outros grupos de interese.
O noso obxectivo é velar polo cumprimento das normativas en materia de saúde e trasladar as recomendacións de hábitos de vida saudables e benestar.

Porque para a saúde integral é esencial estar ben emocionalmente. Dende Saúde non só estamos atentos aos riscos psicosociais, senón que tamén promovemos campañas dirixidas tanto á prevención primaria de trastornos emocionais mediante formacións como o Fitness emocional ou os talleres de Midfulness, coma á prevención secundaria destes, cando se ofrece apoio psicolóxico ante os primeiros signos de trastorno emocional.