








Naturgy has been recognised in the European Parliament as a 'European Sport and Healthy Company 2025' for its health, wellbeing and sport strategy, internationally certifying its commitment, leadership and strategic vision as a 'Healthy Company'.
A Fundación Naturgy, organizou esta semana en Barcelona a XIII edición do curso de verán Els Juliols, realizado en colaboración coa Universidade de Barcelona, este ano, baixo a temática ‘O novo consumidor de enerxía’. Durante cinco días, doce expertos de diversos campos relacionados coa tecnoloxía, economía, sociedade, ciencia e comunicación afondaron no perfil do novo consumidor e nas súas inquietudes e intereses dentro do modelo enerxético actual.
O Concello de Santa María del Páramo (León) e o delegado de NEDGIA Castela e León en Zamora e León, Antonio A. Velázquez, participaron onte nun encontro con veciños da localidade para explicarlles as posibilidades de instalación de gas natural nos seus fogares.
A directora de NEDGIA Aragón, María Miró, e o presidente do Gremio APEFONCA en Zaragoza, José María Marcén, asinaron un acordo de colaboración para contribuír á expansión do gas natural en Zaragoza.
Naturgy y GE Renewable Energy organizaron recentemente unha xornada de simulacro de rescate dun posible accidentado no parque eólico de Peñarroldana, situado no municipio de Santa Eufemia del Barco da provincia de Zamora.
A directora de NEDGIA Navarra, María Miró, e o presidente de Anafonca (Asociación de empresas de fontanaría, calefacción, climatización, gas, prevención de incendios e afíns de Navarra), José María Tabar, asinaron hoxe un acordo para promover a instalación de gas natural nun maior número de vivendas, comunidades de propietarios e establecementos comerciais de Navarra a través dos técnicos instaladores asociados a Anafonca.
Naturgy presentou ao mercado, hoxe en Londres, o seu Plan Estratéxico para o período 2018-2022 no que o grupo presenta un sólido posicionamento no novo ámbito da transición enerxética global. Deste modo, a compañía está firmemente convencida de que o gas e as renovables terán un papel moi relevante na transición enerxética.
O presidente executivo de Naturgy, Francisco Reynés, presidiu hoxe a súa primeira Xunta Xeral Ordinaria de Accionistas da compañía, dende que foi nomeado o pasado mes de febreiro, e que tivo lugar hoxe en Madrid.
GAS NATURAL FENOSA descargou en España o primeiro cargamento de gas natural licuado (GNL) procedente de Rusia dun contrato de longo prazo cunha capacidade de 172.600 metros cúbicos de gas, que equivale ao consumo de Madrid nun mes e se destinará á subministración do sueste de Europa.
A directora executiva de NEDGIA, Nuria Rodríguez, xunto cos CEO de GREDF (Francia), Edouard Sauvage, de Distrigaz Sud Retele (Romanía), Dan Pantilie, de Italgas (Italia), Pablo Gallo, e o de Galp Gás Natural Distribuição (Portugal), Gabriel Sousa, reuníronse hoxe coa comisaria de Transporte, Violeta Bulc, en Bruxelas, para presentar as vantaxes do gas natural e o gas renovable para a descarbonización do transporte en Europa.
Máis de 20 entidades formadas por empresas do sector servizos, tecnolóxicas e organismos de investigación de Cataluña crean a Comunidade Utilities 4.0, que xorde co obxectivo de transformar o sector servizos a medio prazo e implantar na sociedade catalá o paradigma industrial 4.0 na prestación dos servizos básicos e recursos.
Contacto
Se vostede é xornalista e necesita información sobre a actividade de Naturgy, pode poñerse en contacto connosco a través de prensa@naturgy.com.

Subscríbeche á nosa newsletter
Se che interesa o mundo da enerxía e o proceso de transformación no que está inmersa, invitámoste a compartir a nosa visión de futuro sobre os retos da transición enerxética.

Subscríbeche á nosa newsletter
Se che interesa o mundo da enerxía e o proceso de transformación no que está inmersa, invitámoste a compartir a nosa visión de futuro sobre os retos da transición enerxética.
