Previous slide
Next slide
Previous slide
Next slide
UFD, la distribuidora eléctrica de Naturgy, ha invertido 165.000 euros en la mejora de la red de distribución eléctrica en el municipio de Lalín (Pontevedra), con el objetivo de aumentar la calidad el servicio en el municipio. La compañía ha reforzado una de las líneas eléctricas que dan servicio al municipio, incrementando su capacidad, con un nuevo tendido de 2.200 metros, que permitirá mejorar el suministro eléctrico tanto en el núcleo urbano como en el rural lalinense, disminuyendo los tiempos de reposición en caso de incidencia.
UFD, filial de distribución eléctrica de Naturgy, pecha o ano 2018 coa cifra de 1.509.529 contadores intelixentes domésticos instalados, é dicir, o 98,3% do parque de equipos da compañía en Galicia, con potencia contratada inferior a 15 kW.
GPG, filial de xeración internacional de Naturgy, deu comezo á explotación comercial das plantas solares de Guimarânia I e II tras sete meses de construción e case un mes de adianto sobre o programa contractual.
A Fundación Naturgy publicou esta mañá os resultados da última edición do Índice de Eficiencia Enerxética no Fogar. Este estudo reflicte que os españois poderían reducir un 27,4% as súas facturas enerxéticas con melloras nos seus hábitos e en equipamento. Neste sentido, unhas lixeiras modificacións dos usos e os costumes permitirían aforrar 4.352 millóns de euros aos fogares españois nas facturas enerxéticas cada ano.
O presidente do Cabido de Forteventura, Marcial Morais, acompañado polo director de Desenvolvemento de Xeración de Naturgy, Carlos González, e o responsable de Desenvolvemento de Renovables en Canarias da compañía, Sergio Auffray, inauguraron hoxe o Parque Eólico Fuerteventura Renovable II que construíu Naturgy na illa.
UFD, a empresa de distribución eléctrica de Naturgy, investiu ao redor de 40.000 euros en actuacións e obras de mellora de instalacións eléctricas en media e baixa tensión no municipio de Cabana de Bergantiños. En concreto, a compañía puxo en servizo estes días unha liña de media tensión aérea de 17 metros, unha liña de baixa tensión de 550 metros e un centro de transformación intemperie de 100 KVA na parroquia de Nantón, no lugar do Denellón, o que mellora a calidade de subministración aos clientes da zona.
NEDGIA Galicia realizou a conversión a gas natural das instalacións e equipos de propano de ao redor de 2.228 clientes na localidade de Verín (Ourense). Grazas a esta transformación, preto de 5.000 veciños poden ter acceso ao gas natural, unha enerxía máis eficiente e respectuosa co medio ambiente.
Naturgy obtivo un dos galardóns máis prestixiosos do sector enerxético a ámbito mundial, o S&P Global Platts Global Energy Award, na categoría “Emerging Technology” pola infraestrutura DirectLink LNG, recoñecida como unha “solución revolucionaria” no mercado internacional do gas natural licuado, GNL (LNG, polas súas siglas en inglés).
O alcalde de Valladolid, Óscar Puente, e o director de Gran Consumo de NEDGIA, Roberto Cámara, inauguraron hoxe a xornada “Transformación a gas natural de salas de caldeiras en instalacións municipais”, que organizaron a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Asociación Española do Gas (SEDIGAS) no Museo Patio Herreriano da capital valisoletana, e que contou co patrocinio de NEDGIA Castilla y León.
Naturgy comezou as obras de construción do parque eólico Pastoriza-Rodeiro, que se situará no municipio da Pastoriza, na provincia de Lugo. Este proxecto contará cun total de 14 aeroxeradores que sumarán unha potencia total de 48,5 MW e supoñerá un investimento de aproximadamente 43 millóns de euros.
Naturgy incorpórase ao índice Euronext Vigeo World 120, que acredita ás 120 compañías máis sustentables do mundo, e mantén a súa pertenza por quinto ano consecutivo nas súas variantes Euronext Vigeo Europe 120 e Euronext Vigeo Eurozone 120, que inclúen aquelas empresas máis avanzadas en materia de sustentabilidade en Europa e a Eurozona.