Comeza / Conecenos Naturgy / O Grupo / Políticas e códigos de conduta / Política de relación coas comunidades
Política de relación coas comunidades
Compromiso social

Dende no marco da nosa Política de Dereitos Humanos, adquirimos un firme compromiso co respecto das comunidades locais. Para a consecución deste compromiso, son aspectos clave a avaliación do impacto social que as actividades da compañía poidan ter sobre as comunidades afectadas e a contribución á mellora das súas condicións de vida.
Estamos comprometidos co desenvolvemento económico e social das rexións nas que despregamos as nosas actividades, achegando coñecementos, capacidade de xestión e creatividade, así como dedicando parte dos beneficios ao investimento social.
O diálogo fluído e permanente coa sociedade permítenos coñecer as expectativas e intereses das comunidades onde operamos e poder así implicarnos no seu desenvolvemento, procurando dar a resposta máis axeitada ás súas necesidades.

Principios da compañía
Identificar as comunidades afectadas pola actividade da compañía, coñecer as suas necesidades e aspiracións
Analizar os impactos e potenciais riscos ambientais e sociais que a sua actividade poida producir nas comunidades
Informar e invitar a participar á comunidade nas distintas fases do proxecto a través dun proceso de consulta
Incorporar, nos estudos de avaliación do impacto, as oportunidades identificadas no diálogo coas comunidades que fomentan o desenvolvemento sustentable
Establecer unha comunicación sistemática e relación coas comunidades que garanta que reciben a información de forma clara, actualizada e eficaz