A oferta de recompra de bonos de Gas Natural Fenosa alcanza 915,5 millóns e mellora a vida media e o custo da súa débeda

  • A oferta de recompra de bonos de GAS NATURAL FENOSA, con vencementos entre 2019 e 2023, tivo unha demanda superior a 915 millóns de euros.
  • Os bonos recomprados tiñan un cupón medio do 4,54%.
  • Esta operación, xunto coa emisión realizada o pasado 16 de xaneiro por importe de 850 millóns a 10 anos e cun cupón do 1,5%, permite seguir aumentando a vida media e rebaixando o custo financeiro futuro.

A oferta de recompra de bonos de GAS NATURAL FENOSA, realizada o pasado día 16 de xaneiro, concluíu hoxe e alcanzou o obxectivo previsto pola compañía.

En concreto, a oferta, con vencementos entre 2019 e 2023, tivo unha demanda de 915,5 millóns de euros, que finalmente foi recomprada na súa totalidade. Os bonos recomprados tiñan un cupón medio do 4,54%.

A emisión realizada por GAS NATURAL FENOSA o pasado 16 de xaneiro, por 850 millóns de euros a 10 anos e con cupón do 1,5%, permitirá aumentar, así mesmo, a vida media da débeda recomprada en aproximadamente 6,9 anos.

Por outra banda, o saldo vivo dos bonos de GAS NATURAL FENOSA baixo o programa EMTN (tras os vencementos previstos de xaneiro e febreiro 2018) ascende a un importe de 10.040 millóns de euros, cun cupón medio do 2,72%.

“Todas estas actuacións permiten aumentar substancialmente a vida media e reducir o custo financeiro futuro da débeda, en liña coa política financeira establecida por GAS NATURAL FENOSA”, explicou o director xeral económico financeiro da compañía, Carlos J. Álvarez.

Compartir