Comeza / Conecenos Naturgy / O Grupo / Os nosos provedores / Cadea de subministración responsable / Medición da pegada de carbono na cadea de subministración
Medición da pegada de carbono na cadea de subministración
Fases de implantación
Na implantación deste requisito, a compañía estableceu dúas fases:
- Nunha primeira, implantada en 2022, de xeito voluntario os provedores son invitados a incluír como parte da súa oferta técnica un certificado que
verifique a medición da súa pegada de carbono por unha entidade acreditada. Esta información poderá ser valorada
positivamente por Naturgy na decisión de adxudicación. A partir de 2023 e para compras cun determinado
nivel de risco en cambio climático, a presentación deste certificado é obrigatoria. - Adicionalmente, dende xaneiro de 2022, Naturgy esixe contractualmente que determinados provedores, en función do seu risco derivado do cambio climático ou polo importe do contrato polo que licitan, informen anualmente a compañía do seu grao de desempeño en materia climática completando o cuestionario CDP Supply Chain.
Formación para empregados
Para asegurar o éxito desta iniciativa, a participación do equipo humano implicado no proceso de compras é esencial. Para iso, e a través de sesións de formación específicas, as persoas involucradas recibiron os coñecementos necesarios para entender as novidades que estes cambios introducen no proceso de compras e as súas implicacións.
Esta acción formativa específica súmase a outras accións de formación e divulgación de coñecemento dirixidas aos empregados que fan parte dos equipos de compras. Estes programas formativos realízanse de xeito recorrente co obxectivo de garantir a aplicación efectiva dos principios de sostibilidade entre os compradores da empresa e as partes interesadas internas que participan nas decisións de compra, co fin de proporcionarlles coñecementos esenciais sobre o deseño de estratexias sostibles, tendo en conta os posibles impactos na sociedade e o medio ambiente.