Código Ético

A través desta canle non se tramitan reclamacións de carácter comercial.

As nosas pautas de conduta

1

Respecto á legalidade, dereitos humanos e aos valores éticos

Asumimos o compromiso de actuar sempre de acordo coa lexislación vixente, co Sistema Normativo interno establecido coas prácticas éticas internacionalmente aceptadas, con respecto aos dereitos humanos e as liberdades.
2

Respecto ás persoas

Rexeitamos calquera manifestación de acoso físico, psicolóxico, moral ou de abuso de autoridade, así como calquera outra conduta que poida xerar un ámbito intimidatorio ou ofensivo cos dereitos das persoas.
3

Desenvolvemento profesional e igualdade de oportunidades

Promovemos o desenvolvemento profesional e persoal de todos os nosos empregados, asegurando a igualdade de oportunidades a través das súas políticas de actuación.
4

Cooperación e dedicación

Propiciamos un ámbito de cooperación e traballo en equipo para un mellor aproveitamento de todas as capacidades e recursos.
5

Seguridade e saúde no treballo

Impulsamos a adopción de políticas de seguridade e saúde no traballo, adoptamos as medidas preventivas establecidas na lexislación vixente de cada país e velamos en todo momento polo cumprimento normativo nesta materia.
6

Uso e protección dos activos

Poñemos a disposición dos nosos empregados os recursos necesarios para o desempeño da súa actividade profesional, e nós comprometémonos a facilitar os medios para a protección e salvagarda destes.
7

Corrupción e suborno

A corrupción e o suborno aparecen cando os empregados fan uso de prácticas non éticas para a obtención dalgún beneficio para a compañía ou para eles mesmos. A corrupción e o suborno son unha das categorías de fraude.

A empresa declárase contrario a influír sobre a vontade de persoas alleas á compañía para obter algún beneficio mediante o uso de prácticas non éticas. Tampouco permitirá que outras persoas ou entidades poidan utilizar esas prácticas cos seus empregados.

8

Pagamentos irregulares e branqueo de capitais

Fixamos políticas para previr e evitar no transcurso das nosas operacións a realización de pagamentos irregulares ou branqueo de capitais con orixe en actividades ilícitas ou delituosas.
9

Imaxe e reputación corporativa

A empresa considera que un dos elementos básicos que contribúen á súa imaxe e reputación corporativa é o establecemento de relacións de cidadanía responsable naquelas comunidades nas que desenvolve a súa actividade.
10

Lealdade á empresa e conflito de intereses

Os conflitos de interese aparecen naquelas circunstancias onde os intereses persoais dos empregados, de forma directa ou indirecta, son contrarios ou entran en colisión cos intereses da compañía, interfiren no cumprimento recto dos seus deberes e responsabilidades profesionais ou involúcranos a título persoal nalgunha transacción ou operación económica da compañía.

Consideramos que a relación cos nosos empregados debe basearse na lealdade que nace duns intereses comúns.

11

Tratamento da información e do coñecemento

Consideramos a información e o coñecemento como un dos nosos activos principais e imprescindibles para a xestión empresarial, polo que deben ser obxecto dunha especial protección.

Declaramos a veracidade da información como principio básico nas nosas actuacións, polo que os empregados deben transmitir de forma veraz toda a información que teñan que comunicar, tanto interna coma externamente, e en ningún caso proporcionarán, a sabendas, información incorrecta ou inexacta que poida inducir a erro a quen a recibe.

12

Relacións cos clientes

Asumimos, lideramos e impulsamos o compromiso coa calidade, facilitando os recursos necesarios para acadar a excelencia e establecendo as medidas apropiadas para asegurar que a política de calidade sexa practicada por todos os empregados de acordo con estes principios.
13

Relacións cos accionistas

O noso propósito é a creación continua de valor para os nosos accionistas, polo que nos comprometemos a proporcionar información obxectiva, transparente, adecuada e oportuna sobre a evolución da compañía e baixo condicións de igualdade para todos os nosos accionistas. De igual xeito, comprometémonos a desenvolver as bases necesarias para a participación dos nosos accionistas nas decisións que lles corresponden.
14

Relacións con empresas colaboradoras e provedores

Consideramos os nosos provedores e empresas colaboradoras parte indispensable para a consecución dos nosos obxectivos de crecemento e de mellora da calidade de servizo, buscando establecer con eles relacións baseadas na confianza e o beneficio mutuo.
15

Respecto ao ambiente

A preservación do medio ambiente é un dos nosos principios básicos de actuación. Consecuentemente con iso, definimos unha política e implantamos un sistema de xestión medioambiental.

Política de Compliance

A Política de Compliance, que desenvolve o Código Ético do Grupo Naturgy e se integra dentro do sistema de xestión de Compliance, ten por obxecto definir os principios xerais que informan o devandito sistema, así como os principais compromisos que son asumidos pola organización en materia de cumprimento e que deben guiar o seu comportamento en todos os seus ámbitos de actuación e na consecución dos seus obxectivos empresariais.

A Política de Compliance foi aprobada polo Consello de administración de Naturgy Energy Group, S.A. con data do 29 de xaneiro de 2019, e debe ser coñecida e aplicada por todos os administradores, directivos e empregados de Naturgy Energy Group, S.A. e de todas as sociedades e entidades pertencentes ao Grupo Naturgy, incluíndo aquelas sociedades ou entidades participadas sobre as que ten un control efectivo ou a responsabilidade na súa operación e/ou xestión.

Política Anticorrupción

A Política Anticorrupción de Naturgy enténdese como unha extensión do capítulo 4.7. “Corrupción e Suborno” do Código Ético do grupo.

Con data do 23 de decembro de 2010, entrou en vigor a reforma da Lei orgánica 10/1995 do Código penal, mediante a cal se estableceu a responsabilidade penal das persoas xurídicas, de tal forma que unha sociedade pode ser declarada responsable pola comisión dos delitos establecidos na Lei orgánica 10/1995 e as súas posteriores modificacións (en diante, os delitos) tanto se foron realizados no seu nome e por conta desta polos seus representantes legais e administradores, coma se os realizaron persoas sometidas á súa autoridade e non se exerceu o debido control.

Así mesmo, esta lei prevé algunhas medidas a través das cales as persoas xurídicas poden atenuar ou eximir a súa responsabilidade, entre as que se encontra o establecemento de medidas eficaces para previr e descubrir os delitos que puidesen cometerse na organización.

Neste contexto, Naturgy implantou un Modelo de Prevención Penal que establece as medidas de control necesarias para evitar a comisión de delitos por parte dos seus administradores ou dos empregados baixo a súa supervisión.

Para dar cumprimento aos requirimentos en materia de prevención penal e, de forma específica, á cobertura aos principais riscos legais, reputacionais e económicos aos que está exposto o grupo, considerouse necesario establecer os principios básicos dun modelo anticorrupción, os cales quedan reflectidos na Política.

O documento ten por obxecto establecer os principios que deben guiar a conduta de todos os empregados e administradores das empresas do grupo con respecto á prevención, detección, investigación e remedio de calquera práctica corrupta no seo da organización.

A actual Política Anticorrupción foi aprobada polo Consello de Administración de Naturgy Energy Group, S.A., o 23 de xullo de 2019, polo que é de aplicación obrigatoria para todos os empregados de Naturgy.