Naturgy avanza no cumprimento do seu Plan Estratéxico e aumenta o seu ebitda ordinario un 12%, ata os 4.413 millóns de euros

  • Sen o impacto negativo da depreciación das divisas (218 millóns) o crecemento do ebitda recorrente sería do 17%.
  • A compañía enerxética mellorou o seu resultado grazas ao negocio de gas e electricidade, así como á estabilidade da área de infraestruturas e ao inicio do seu plan de eficiencias.
  • Naturgy investiu 2.321 millóns de euros, un 30% máis que no exercicio 2017. Os investimentos en proxectos de crecemento orgánico supuxeron máis do 70% do total, ata os 1.638 millóns.
  • No exercicio, a compañía xerou caixa por valor de 5.500 millóns grazas á evolución do negocio e a venda de activos non-estratéxicos, que se destinou ao crecemento da base de activos, a reducir débeda e a remunerar o accionista.
  • Naturgy destinou 1.500 millóns de euros a remunerar o accionista en 2018 a través do incremento do dividendo e o programa de recompra de accións. Isto supón un crecemento do 50% con respecto ao ano anterior.
  • A compañía apostou polo crecemento en proxectos renovables tanto en España coma a ámbito internacional, avanzando no seu reposicionamento de negocio para a transición enerxética.
  • A 31 de decembro, a compañía rexistrou a ámbito consolidado unhas perdas contables por valor de 2.822 millóns de euros, froito do axuste do valor contable dos activos, principalmente xeración convencional en España, por valor de 4.851 millóns, que se executou no primeiro semestre de 2018.
  • Outros fitos relevantes do ano foron a renovación do principal contrato de subministración de gas co grupo Sonatrach en Alxeria e o laudo favorable do CIADI contra Exipto, que foi homologado en Reino Unido.

Naturgy pechou con éxito o exercicio 2018, que estivo marcado pola chegada dun novo presidente executivo, a entrada de novos accionistas, a renovación do Consello de administración e unha nova estrutura organizativa para unha xestión máis simple, transparente e con maior autonomía dos negocios. Un ano no que a multinacional enerxética presentou ao mercado unha folla de ruta a 2022 para a súa transformación, e puxo en marcha un plan de acción para lograr os obxectivos fixados a través de catro piares para a creación de valor.

Grazas a esta nova estratexia, a compañía xa comezou a cristalizar o valor na súa conta de resultados tan só seis meses despois de presentar ao mercado o seu Plan Estratéxico 2018-2022, cun ebitda ordinario de 4.413 millóns de euros, un 12% máis que no exercicio anterior; e un beneficio neto ordinario de 1.245 millóns de euros, un 57% superior ao de 2017.

O presidente executivo da compañía, Francisco Reynés, destacou que “establecemos as bases para afrontar a transformación do grupo, reposicionar o negocio de cara á transición enerxética e lograr os obxectivos fixados na nova folla de ruta. Os resultados do exercicio 2018 mostran unha evolución positiva dos negocios, pero será durante os próximos anos cando vexamos unha mellora máis substancial de resultados á medida que avanzamos na execución do plan”.

Tamén quixo remarcar “o importante labor de simplificación que se levou a cabo e a determinación de crear valor para o accionista”. Ademais, sinalou que “o acordo con Sonatrach ou os novos investimentos en renovables en Brasil e Australia son mostras destacadas dos avances positivos no plano internacional”.

Simplicidade e Accountability

Durante o segundo semestre, a compañía arrancou a súa transformación estratéxica presentada ao mercado no pasado mes de xuño. Por unha banda, Naturgy levou a cabo importantes cambios na xestión da compañía coa simplificación organizativa e a redución do Consello de administración. Así mesmo, a compañía anunciou na presentación do Plan Estratéxico a revisión do valor contable dos seus activos, que se traduciu nun write down de 4.851 millóns de euros.

Optimización e eficiencia

Salienta no exercicio a renovación dos contratos de subministración de gas con Sonatrach en Alxeria ata 2030 e o laudo favorable do CIADI, coa súa homologación en Reino Unido, nun proceso iniciado por Unión Fenosa Gas (UFG) contra Exipto, á espera de alcanzar un acordo integral que restableza o valor do investimento no país, á marxe do citado proceso arbitral.

Tamén no período, a compañía acelerou o plan de eficiencias, que ten un obxectivo de 500 millóns anuais de redución de custos en 2022. O exercicio 2018 pechou cunhas eficiencias anuais recorrentes de 110 millóns de euros, que requiriron uns custos de captura de 180 millóns. Naturgy avanzou nos últimos seis meses na optimización da súa estrutura de capital con emisións en moeda local en México, Brasil e Chile, coa amortización de aproximadamente 1.700 millóns de euros de débeda bancaria a ámbito corporativo.

A peche do exercicio, a débeda financeira de Naturgy foi de 13.667 millóns de euros, un 10% menos que a peche de 2017. Pola súa banda, o free cash flow situouse nos 3.055 millóns de euros, fronte aos 746 millóns do período anterior. Adicionalmente, Naturgy dotou da flexibilidade que requirían as divisións de negocio para o seu financiamento autónomo.

Disciplina de capital

A compañía xerou 5.500 millóns de euros de caixa durante o exercicio a través da positiva evolución do negocio e os desinvestimentos de activos non-estratéxicos, que se dedicaron, principalmente, ao crecemento en activos estratéxicos, reducir débeda e remunerar o accionista.

En concreto, investíronse 2.321 millóns de euros, un 30% máis que no exercicio 2017. Os investimentos en proxectos de crecemento orgánico supuxeron máis do 70% do total, ata os 1.638 millóns (+76%).

Do crecemento en activos estratéxicos no exercicio salientan, entre outros, a adxudicación dun novo parque eólico en Australia, cun investimento asociado de 166 millóns de euros, e a entrada en operación de dous proxectos fotovoltaicos en Brasil, cun investimento de 95 millóns de euros.

A compañía ten previsto investir en nova capacidade renovable 663 millóns de euros durante o exercicio 2019.

Remuneración Accionista

Outro dos aspectos clave no cumprimento do Plan Estratéxico é o compromiso coa retribución ao accionista. A compañía incrementou o dividendo un 30% no exercicio 2018, ata os 1,30 €/acción, e a partir de agora e ata 2022 aumentarao un mínimo do 5% anual.

Como xa se avanzou ao mercado, a compañía tamén puxo en marcha un plan de recompra de accións propias en caso de ausencia de oportunidades de investimento inorgánico que encaixasen coa creación de valor para o accionista. Así, dende a presentación do Plan Estratéxico e ata finais de xaneiro deste ano, Naturgy recomprou accións por un importe de 145 millóns de euros.

Grazas ao pagamento do dividendo e ao programa de recompra de accións, os accionistas de Naturgy foron retribuídos cun total de 1.500 millóns de euros, un 50% máis que no exercicio precedente.

Ademais, a compañía instaurou un plan de incentivos a longo prazo para directivos, polo que se vincula a súa retribución a longo prazo exclusivamente á remuneración total do accionista ata 2022, é dicir, a través da apreciación da acción e o pagamento do dividendo. Este programa liquidarase en accións en 2023, sempre que se cumpra o limiar mínimo de rendibilidade, consistente cos seus “Goldens Rules”. Con esta medida, Naturgy aliña directamente o equipo directivo cos intereses dos seus accionistas.

Resultados por negocios

Nos resultados presentados hoxe ao mercado, Naturgy mostra un crecemento significativo de todos os seus negocios, cun ebitda ordinario que alcanzou os 4.413 millóns (+12%) e un beneficio neto ordinario de 1.245 millóns de euros (+57%).

A 31 de decembro, a compañía rexistrou a ámbito consolidado unhas perdas contables por valor de 2.822 millóns de euros, froito do axuste do valor contable dos activos, principalmente xeración convencional en España, por valor de 4.851 millóns, que se executou no primeiro semestre de 2018.

A evolución dos tipos de cambio entre xaneiro e decembro tivo un impacto negativo de 218 millóns de euros en ebitda e afectou a todas as divisas nas que opera a compañía, principalmente o peso arxentino, o real brasileiro e o dólar.

Por unidades de negocio, Gas&Power, que crece en todas as súas actividades, rexistrou un ebitda ordinario de 1.453 millóns de euros (+52,1% respecto a 2017) debido principalmente ao negocio internacional de GNL e á comercialización de gas.

O negocio de Infraestruturas EMEA incrementou o seu ebitda un 2,2%, ata os 1.849 millóns de euros, grazas ao bo comportamento das redes de gas e electricidade e de Europe Maghreb Pipeline Limited (EMPL).

O resultado do negocio de Infraestruturas América do Sur (Chile, Arxentina e Brasil, principalmente) viuse afectado pola evolución negativa do tipo de cambio que impactou en 171 millóns no ebitda desta división de negocio, que diminuíu ata os 846 millóns de euros en termos ordinarios (-3,5% sobre 2017).

No caso de Infraestruturas Norte América latina (México e Panamá) o impacto das divisas foi de 16 millóns no ebitda, que alcanzou os 275 millóns de euros ordinarios (-3,2% respecto ao exercicio anterior).

 

Conta resultados consolidada

ReportadoOrdinario
(€ millones)20182017Variación20182017Variación
Vendas netas24.33923.2074,9%24.37323.1795,2%
EBITDA4.0193.9033,0%4.4133.94811,8%
Amortizacións e perdas por deterioración-6.007-1.621-1.581-1.621-2,5%
Deterioro perdas crediticias-179-15416,2%-165-1547,1%
EBIT-2.1672.1282.6672.17322,7%
Resultado financeiro-685-698-1,9-666-698-4,6%
Resultado método de participación-513145914
Imposto sobre beneficios779-195-469-31349,8%
Resultado operacións interrompidas-10448
Participacións non dominantes-226-337-32,9%-346-383-9,7%
Resultado neto-2.8221.3601.24579357%

Contribución al EBITDA por actividades

ReportadoOrdinario
(€ millones)20182017Variación20182017Variación
Gas & Electricidade1.36098038,8%1.45395552,1%
Infraestructuras EMEA1.8021.7701,8%1.8491.8102,2%
Infraestructuras LatAm Sur791859-7,9%846877-3,5%
Infreaestructuras LatAm Norte232273-15%275284-3,2%
Resto-16621-1022
TOTAL4.0193.9033,0%4.4133.94811,8%
Compartir