Naturgy vai construír unha nova instalación renovable, o Parque Eólico Puerto del Rosario, na illa de Forteventura, que terá unha potencia instalada de 29,2 MW. A compañía investirá 39,3 millóns de euros no proxecto, que estará formado por oito aeroxeradores de 3,65 MW cada un. Esta instalación foi incluída na nova poxa eólica de 217 MW convocada polo Ministerio de Transición Ecolóxica o pasado decembro, e na que finalmente se adxudicaron 184 MW. Desta forma, Naturgy converteuse no segundo adxudicatario por potencia asignada.